Inscrición para o uso libre da Sala Fitness (ximnasio no campus de Ferrol, Centro Cultural Universitario)
Só para membros da comunidade universitaria da UDC, familiares e fillas/os maiores de 15 anos co Abono Deporte do presente curso académico.
O horario da Sala Fitness será:
- de luns a venres de 9:00 a 21.30 horas
- de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas (opción Sala Fitness mañá)
A Sala poderá modificar o horario, ou opechar, nas seguintes datas:
- Vacacións de Nadal, Semana Santa e outras datas festivas.
- Meses de xullo e agosto, pechada
As persoas inscritas neste servizo tamén terán acceso á Sala de Musculación do campus de Elviña
Para acceder á sala todas as persoas usuarias deberán de facer, previamente, a reserva na quenda correspondente.
Para acceder á sala deberedes identificarvos con código QR da vosa ficha de usuario/a do "udcxest"
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
As persoas usuarias que acceden ás anteditas salas deberán ter na súa ficha de udcxest.udc.gal unha foto actualizada tipo carné. Quen non teña foto poderá subila identificándose en udcxest.udc.gal e accedendo a "Datos persoais - Documentos - Fotos".