Prezo 30 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto)
Obrigatorio para poder inscribirse en calquera das nosas actividades
Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.
- O cónxuxe/parella de feito ten que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.
Trátase dun curso de iniciación á danza contemporánea. Coñeceremos a mesma dunha forma práctica a través da exploración física, do movemento. Tomando conciencia do noso corpo, da súa expresión e capacidades de comunicación. Realizaremos un adestramento físico a través da exploración individual conectando có entorno. Experimentaremos con diferentes técnicas da danza e outras disciplinas do movemento coma o ioga, o teatro físico, o xogo de sensibilización sensorial e motriz, que nos permitirán a exploración libre do corpo e a desinhibición. Introduciremos a improvisación e o xogo escénico e achegarémonos tamén ó traballo coreográfico.
Docente: Cristina Montero. A duración será de 15 horas lectivas.
O inicio do obradoiro está previsto para a semana do 8 de marzo, se ben que esta data pode sufrir modificacións en función das medidas vixentes nese momento derivadas da situación sanitaria provocada pola covid-19
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 03/12/2019).
Guía sobre a modificación ou anulación de sesións de uso libre