Prezo 30 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto)
Obrigatorio para poder inscribirse en calquera das nosas actividades
Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.
- O cónxuxe/parella de feito ten que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.
Pilates é un conxunto de exercicios cuxa finalidade é exercitar o corpo e a mente mediante unha práctica que combina as tradicións oriental e occidental. Pretende mellorar a condición física, aumentar a propia capacidade de control e concentración. Trátase dun método que pretende reforzar a musculatura e aumentar tanto o control como a forza muscular, así como a flexibilidade, mediante un abano de exercicios baseados en diferentes posturas e a súa combinación.
Dende o luns 1 de xuño, o Estadio Universitario de Elviña reabrirá as súas portas seguindo o protocolo deseñado, que ten como obxectivo informar aos usuarios da Pista de Atletismo de Elviña das recomendación de normas para limitar ao máximo as posibilidades de infección por COVID-19, tomando en consideración os factores de risco coñecidos ata o momento.
Este protocolo é de obrigado cumprimento por parte dos deportistas que queiran facer uso das instalacións da pista de atletismo do Estadio de Elviña e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia.
Quén poderá facer uso da instalación?
Horarios e quendas
Días de uso: de luns a venres.
Estableceranse quendas de adestramento, que serán notificadas ás persoas interesadas.
Duración máxima de 2 horas e 15 minutos/quenda. (15 minutos de peche entre as quendas de uso)
Consulta aquí a normativa completa.
A partir do luns 8 de xuño, a instalación da pista de tenis do campus de Elviña reabre as súas portas. Para poder facer uso delas con total garantía, deseñouse un protocolo con recomendación e normas para limitar ao máximo as posibilidades de infección por Covid-19, tomando en consideración os factores de risco coñecidos ata o momento.
Este protocolo é de obrigado cumprimento por parte das/os deportistas que queiran facer uso da instalación da pista de tenis e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publiquen por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia.
En todo caso, o cumprimento deste protocolo corresponderá aos/ás deportistas cando a usen baixo a súa exclusiva responsabilidade.
Horarios
Quendas e capacidade
Modalidades: permítese a modalidade individual 1:1 e a de dobres 2:2
O acceso á pista de tenis será a través da conserxaría do Pavillón de Deportes
Consulta aquí o documento completo da normativa, de obrigado coñecemento.
IMPORTANTE: