Prezo 35 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto).
Obrigatorio para poder inscribirse en calquera das nosas actividades.
LEMBRE ASEGURARSE DE QUE HAI PRAZAS DISPOÑIBLES NA ACTIVIDADE NA QUE QUEIRA INSCRIBIRSE.
Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
- Ademais terán a consideración de comunidade universitaria, todas as persoas xubiladas dos colectivos de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos desta universidade.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.
- O cónxuxe/parella de feito, e os/as fillos/as (maiores de 15 anos) teñen que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as de menos de 15 anos é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.
As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. Actualmente cóntase con 40 parcelas de 20 m2 cada unha, e espazos comúns para actuacións complementarias de tipo colectivo.
Os obxectivos do proxecto, enmarcado nos actuais procesos de ambientalización das universidades, son:
Máis información
As persoas usuarias (estudantado e persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. No Campus de Ferrol cóntase actualmente con 30 bancais de 1,20 m2 cada un, localizados entre os edificios correspondentes á Escola Politécnica de Enxeñaría e o Edificio de Apoio ao Estudo.
O uso das hortas e a relación entre as persoas usuarias e a Universidade rexerase polas normas en vigor de hortas da UDC e adaptadas ás características de Ferrol.
Guía sobre a modificación ou anulación de sesións de uso libre
Coa finalidade de divulgar a Terapia Ocupacional e responder, reflexionar e debater sobre diferentes desafíos da vida cotiá, dende a diplomatura de Terapia Ocupacional o Ciclo de Conferencias en Terapia Ocupacional ten unha longa tradición como actividade realizada pola Facultade de Ciencias da Saúde. Polo desenvolvemento dos ciclos anteriores, os resultado finais foron moi enriquecedores, facilitando ampliar o impacto da profesión a diversos campos de actuación e fortalecendo o coñecemento e a aplicabilidade de Terapia Ocupacional para os estudantes, docentes e persoas participantes.
Na edición do ano 2026, preténdese convidar a persoas de diferentes entidades, para continuar realizando divulgación, promovendo a actualización da profesión e as relacións inter e multidisciplinares, en campos de actuación como é o Long Covid, impacto da prostitución en España ou a ética como principio activo no desenvolvemento profesional. O ciclo de conferencias de Terapia Ocupacional amosará a diversidade dos enfoques e perspectivas da profesión, así como os desafíos e novos horizontes; é por isto que se presentan neste ciclo de conferencias diversos ámbitos da profesión e, en especial, aqueles que a sociedade actual está a requirir, como son:
- Que é a Long Covid? O COVID persistente: a cargo de Paula Sánchez Diz, PhD Coordinadora técnica da Red Española de Investigación en COVID persistente REICOP
- O rol do terapeuta ocupacional en persoas afectadas de Long Covid: un caso práctico. Adriana Ávila Álvarez PhD , profesora da UDC e Rosa María Martínez Piedrola, PhD profesora da Universidade Rey Juan Carlos
- O coidado bucal como factor social José Manuel Valiño Cruz PhD. Director Científico do Posgrao en Cirurxía e Implantes da Facultade de Ciencias da Saúde (UDC). Director Clínicas Sonrident Salud
- A realidade actual sobre a pornografía infantil. Nuria Máximo Bocanegra PhD. Profesora da Universidad Rey Juan Carlos (Madrid)
- A Terapia Ocupacional como experiencia de vida Betsabé Méndez. PhD. Profesora xubilada da Escola Universitària Creu Roja. Universidade Autónoma de Barcelona
- 2 relatores que se acordarán co a UDC para as conferencias do día 23 de outubro Acto de entrega da Medalla de Ouro da Terapia Ocupacional e conferencia
A realización deste ciclo vai a ser de maneira presencial e pola plataforma Teams, debido a que se require da participación de expertos profesionais de A Coruña, outros concellos de Galicia e de España.
O ciclo de conferencias CAFÉS VIAXEIROS, está enfocado a dar visibilidade e divulgar cuestións de interese e actualidade relativas ao sector turístico así como presentar iniciativas innovadoras nun contexto en constante transformación. Nestas sesións persoas do ámbito académico comparten escenario con profesionais así como outros axentes sociais. As persoas conferenciantes ofrecerán unha visión introdutoria que se completará coa conversa cos asistentes e se pechará coas reflexións finais de persoal académico e o alumnado. Na definición das temáticas, e coa finalidade tamén de integrar unha
perspectiva sostible, se tratou de abordar temas relacionados cos ODS e, concretamente: ODS 12 Novos mercados, ODS 8 Marcas internacionais, ODS 9 Pequenas empresas grandes negocios, ODS 5 Mulleres nun mundo global, ODS 13 Mercados Glocais, ODS 4 Internacionalización do coñecemento. As actividades de organización e divulgación recaerán no alumnado do Grao en Turismo coa finalidade tamén de buscar a súa participación e integración na celebración destas xornadas.
Na Facultade de Socioloxía e en diversos espazos da cidade da Coruña terá lugar o ciclo de conferencias “Investigando sobre o pasado: os borramentos interesados do pensamento hexemónico nas Ciencias Sociais” (4-12- 18 de Febreiro, 27 e 28 de Outubro de 2026) que pretende ser un espazo de debate sobre os propios procesos de investigación sobre o pasado e cómo se produce a construción social dos relatos hexemónicos sobre momentos históricos clave e, polo tanto, como estas ficcións políticas implican o borramento histórico de procesos clave -como serían o caso do pasado colonial do Estado Español, a represión franquista e a propia destrución da memoria obreira e da conciencia de clase-. Estes borramentos teñen efectos sociolóxicos e políticos no noso presente inmediato, e polo tanto, intentaremos interrogar cómo poden as nosas investigacións e a intervención social contemplar unha mirada crítica e de longo alcance sobre a construción social do presente.
Este ciclo de conferencias foi deseñado para coma unha serie de debates universitarios con carácter aberto á cidadanía interesada nestes temas.
O obxectivo deste programa é o de promover o emprego da bicicleta como vehículo para a mobilidade sustentábel, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.
O uso da bicicleta como medio de transporte e desprazamento reduce a conxestión do tráfico, mellora a calidde ambiental nas cidades, contríbúe a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, e mellora a saúde das persoas que fan uso delas.
Inscríbete aquí se cumpres cos requisitos e queres ser DAN UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007732).
Se non tes foto na túa ficha de usuario deberás engadir unha mediante os seguintes pasos:
1.- Acceder a ficha udcxest.udc.gal
2.- Ir a datos personais
3.- Documentos - Fotos (elixir archivo ou webcam). A foto terá que ser tipo carné actualizada.
Unha vez na actividade SOLICITUDE DANUDC 2025-26,teredes que premer en:
"Inscribir" e haberá dous cuestionarios a cubrir:
cuestionario DANUDC 2025-26 compromiso DANUDC Unha vez feita a solicitude, aqueles/as que necesiten utilizar as instalaciones de UDC, antes de que se publique a resolución definitiva de admitidos/as con recoñecemento DANUDC, deberán enviar un correo a info.deportes@udc.gal, solicitando o seu uso, sempre que acrediten méritos suficientes. A aqueles/as que se lles conceda, formaran parte do grupo "uso provisional das instalacións por solicitude DANUDC" ata que saia a resolución definitiva de DANUDC.
Unha vez feita a solicitude, aqueles/as que necesiten utilizar as instalaciones de UDC, antes de que se publique a resolución definitiva de admitidos/as con recoñecemento DANUDC, deberán enviar un correo a info.deportes@udc.gal, solicitando o seu uso, sempre que acrediten méritos suficientes. A aqueles/as que se lles conceda, formaran parte do grupo "uso provisional das instalacións por solicitude DANUDC" ata que saia a resolución definitiva de DANUDC.
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse nos lectores da conserxaría do Pavillón de Deportes co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes). A persoa que fai a reserva queda obrigada a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR no lector SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
IMPORTANTE:
Regulamento de uso das instalacións deportivas da UDC
Guía para a modificación ou anulación da sesión de uso libre
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse no lector da pista co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes).
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Acceder a udcxest.udc.gal
Para poder facer uso de aluguer gratuíto das instalacións propias da UDC, todos os usuarios/as deberán ser abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico.
Pista exterior de tenis.
Dimensións: 18 x 36 m
Pavimentos: Cemento poroso con drenaxe
Usos: Tenis