IMPORTANTE:
-A "Matrícula público en xeral" non inclúe o uso libre gratuíto das instalación deportivas.
As persoas alleas á comunidade universitaria que queiran acceder ás instalacións de uso libre (pista de atletismo, tenis, pádel, pista polideportiva interior ou pista polideportiva exterior) terán que pagar a tarifa correspondente. No caso da pista de atletismo terían que tramitar un bono e nos outros casos, unha reserva. A inscrición na sala fitness/ musculación non está aberta para as persoas alleas á comunidade universitaria.
-Coa "Matrícula público en xeral" non se pode participar nas ligas universitarias, pois só están abertas para a comunidade universitaria.