Pista de atletismo
Dimensións: 400 m
Pavimentos: Mondo Flex
Usos: Atletismo
Actividades: Escola de Atletismo, adestramentos atletas federados, probas de aptitude
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
Terá que identificarse no lector do torno do Estadio Universitario co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
As persoas usuarias que acceden ás instalacións deportivas a través do torno do Estadio Universitario do Campus de Elviña deberán ter na súa ficha de udcxest.udc.gal unha foto actualizada tipo carné.
HORARIOS (poden sufrir modificacións ao longo do curso ou cancelaciones de uso por eventos, competicións, ...):
De luns a venres (excepto festivos e periodos de peche):
-Do 1 de setembro ao 30 de xuño: das 08:30 ás 21:30 h
-xullo: das 09:00 ás 20:30 h
-do 16 de agosto ao 31 de agosto: das 09:00 ás 13:30 h
Sábados (excepto festivos e periodos de peche):
-Das 11:00 ás 13:40 h
Nos periodos non lectivos o horario pode reducirse. Consultar horarios na instalación.
O Bono 10 e a Sesión individual non necesitan de reserva para un día e horario concreto. A súa validez ven sinalada na súa emisión. O usuario deberá comprobar os horarios de apertura da instalación e os posibles peches puntuais pola celebración de eventos deportivos ou outras restricións que se anuncian previamente na entrada da instalación. Para calquera dúbida, poden consultar telefonicamenta ca instalación. Telf: 881011920
"Bono 10". Bono de 10 sesións de uso libre nas pistas de atletismo.
Preme aquí para saber como mercar o teu bono.
Bono 10
Sesión individual Aquí poderás mercar a túa entrada individual (2,5 €)
Para poder facer uso de aluguer gratuíto das instalacións propias da UDC, todos os usuarios/as deberán ser abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico. Pista Polideportiva Exterior Campus de Elviña Dimensións: 40 x 20 m Pavimentos: Cemento pulido Usos: Futbol Sala
As persoas que fan as reservas deberán ter na súa ficha de udcxest.udc.gal unha foto actualizada tipo carné. Quen non teña foto poderá subila identificándose en udcxest.udc.gal e accedendo a Datos persoais - Documentos - Fotos.
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse nos lectores da conserxaría do Pavillón de Deportes co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes). A persoa que fai a reserva queda obrigada a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR no lector SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
IMPORTANTE:
Regulamento de uso das instalacións deportivas da UDC
Guía para a modificación ou anulación da sesión de uso libre
Para poder facer uso de aluguer gratuíto das instalacións propias da UDC, todos os usuarios/as deberán ser abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico. Usos: Futbol Sala, Balonmano, Voleibol, Badminton, Baloncesto. Para outros usos, consultar a través de info.deportes@udc.gal
Para poder facer uso de aluguer gratuíto das instalacións propias da UDC, todos os usuarios/as deberán ser abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico.
Pista exterior de tenis.
Dimensións: 18 x 36 m
Pavimentos: Cemento poroso con drenaxe
Usos: Tenis
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse no lector da pista co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes).
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Acceder a udcxest.udc.gal
O tatami só poderá ser reservado polos/as Deportistas de Alto Nivel da UDC que precisen esta instalación para os seus adestramentos logo de solicitar o uso desta instalación á Área de Deportes.