Abono para o uso libre de la sala de musculación. A inscrición no servizo de Personal Training dará dereito ao uso libre da sala de musculación en calquera horario de apertura da instalación, a maiores do horario co adestrador persoal.
A sala terá un horario reducido nas seguintes datas:
- Semana Santa
Para acceder á sala todas as persoas usuarias deberán de facer, previamente, a reserva na quenda correspondente.
Para acceder á sala (a través da entrada do Estadio Universitario) deberedes identificarvos con código QR da vosa ficha de usuario/a do "udcxest"
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
As persoas usuarias que acceden ás anteditas salas deberán ter na súa ficha de udcxest.udc.gal unha foto actualizada tipo carné. Quen non teña foto poderá subila identificándose en udcxest.udc.gal e accedendo a "Datos persoais - Documentos - Fotos".