Para poder facer uso de aluguer gratuíto das instalacións propias da UDC, todos os usuarios/as deberán ser abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico.
Pista exterior de tenis.
Dimensións: 18 x 36 m
Pavimentos: Cemento poroso con drenaxe
Usos: Tenis
IMPORTANTE:
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse nos lectores da conserxaría do Pavillón de Deportes co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes). A persoa que fai a reserva queda obrigada a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR no lector SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR