Dende o luns 1 de xuño, o Estadio Universitario de Elviña reabrirá as súas portas seguindo o protocolo deseñado, que ten como obxectivo informar aos usuarios da Pista de Atletismo de Elviña das recomendación de normas para limitar ao máximo as posibilidades de infección por COVID-19, tomando en consideración os factores de risco coñecidos ata o momento.
Este protocolo é de obrigado cumprimento por parte dos deportistas que queiran facer uso das instalacións da pista de atletismo do Estadio de Elviña e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia.
Quén poderá facer uso da instalación?
Horarios e quendas
Días de uso: de luns a venres.
Estableceranse quendas de adestramento, que serán notificadas ás persoas interesadas.
Duración máxima de 2 horas e 15 minutos/quenda. (15 minutos de peche entre as quendas de uso)
Consulta aquí a normativa completa.