A partir do luns 8 de xuño de 2020, a instalación da pista de tenis do campus de Elviña reabre as súas portas. Para poder facer uso delas con total garantía, deseñouse un protocolo con recomendación e normas para limitar ao máximo as posibilidades de infección por Covid-19, tomando en consideración os factores de risco coñecidos ata o momento.
Este protocolo é de obrigado cumprimento por parte das/os deportistas que queiran facer uso da instalación da pista de tenis e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publiquen por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia.
En todo caso, o cumprimento deste protocolo corresponderá aos/ás deportistas cando a usen baixo a súa exclusiva responsabilidade.
Quén poderá facer uso da instalación?
Horarios
Quendas e capacidade
Modalidades: permítese a modalidade individual 1:1 e a de dobres 2:2
O acceso á pista de tenis será pola entrada do Estadio Universitario de Elviña
Consulta aquí o documento completo da normativa, de obrigado coñecemento.
IMPORTANTE:
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse nos lectores do Estadio Universitario co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva no lector do torno e, a continuación, os/as demais participantes no lector situado no portelo da conserxaría). A persoa que fai a reserva queda obrigada a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR no torno SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR