AULA MULTIUSOS 1- Centro Cultural
Obxectivos e contidos do obradoiro
Un obradoiro pensado para achegarse ao teatro musical dun xeito divertido e accesible. Traballaremos interpretación, canto, movemento e expresión corporal, aprendendo a combinar estas disciplinas a través de xogos, exercicios e pequenas escenas musicais (cunha mostra final).
Non é necesaria experiencia previa, só ganas de aprender, expresarse e pasalo ben!
Obxectivos do obradoiro:
Contidos do obradoiro:
Currículo dos educadores
Alex Rocha: profesional das artes escénicas con máis de 10 anos de formación na Escola de Teatro de Narón, especializado en teatro musical e creación colectiva. Conta con experiencia como actor e director en diversos proxectos teatrais, espectáculos musicais e propostas educativas, traballando tanto con público infantil como adulto.
Irene Varela: titulada en Piano e Canto Profesional. Profesora de canto, técnica vocal e solfexo con ampla traxectoria docente. Experiencia como cantante solista e coro en entidades como a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Europa Chor Akademie, especializada en adestramento e identidades vocais.