Obxectivos e contidos do obradoiro:
Laboratorio de prácticas performativas e investigación teórica arredor da performance art feminista, a danza, as artes visuais e a linguaxe en relación cos estudos de xénero.
Neste laboratorio desenvolverase unha investigación práctica arredor do corpo e a linguaxe como ferramentas performativas. Dende unha perspectiva crítica sobre a súa semántica social dende un ángulo feminista, experimentarase co corpo a través do movemento e analizaranse conceptos e textos chave nos estudos da performance e de xénero.
Obxectivo do obradoiro:
Introdución aos estudos de performance e de xénero, análise do repertorio de performance feminista do século XX e XXI dende unha perspectiva decolonial, prácticas, debates e improvisacións.
Contidos do obradoiro:
· Historia da performance feminista no século XX e XXI
· O corpo-arquivo
· A sonomateca, as artes performativas e o movemento cuir
· Análise crítica do discurso feminista na arte
· A Phoné e o Logos do corpo feminino e as disidencias sexo-xénero no espazo público
· Hexis e Habitus do corpo
· Silvia Federici e arte, corpo e colonización
· O intimo e o político na performance art feminista
· A reprodución social e os coidados feministas na arte
· O tratamento do espazo co corpo e o tratamento do corpo co espazo
· O corpo social feminista, movementos sociais e artivismo
· Prácticas e improvisacións de laboratorio
· Lectura de textos
· Análise de pezas
Currículo da educadora:
Helena Salgueiro é directora escénica, poeta e performer. Formada en estadías co Instituto Grotowksi e co Odin Teatret, o Traverse Theatre, a Universidade de Edimburo e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos escénicos amosáronse internacionalmente en festivais e espazos como o Centro Nacional de Danza Dance Base de Escocia (“Nortear”), o Festival Contradança de Portugal (“Ferro, Federici”) e coproducidos polo Centro Dramático Galego (“Come and Go”). Autora dos poemarios Intermitencia da cidade (2013), As Flores (2016), SORA (2025), Amor Palimpsesta (2026) e da obra de teatro Todas as Illas son unha illa (2021). Dirixe a compañía Columna Balteira.