aulas e espazos da Facultade de Ciencias da Educación
Actividades culturais e creativas vinculadas ás artes e á cultura galega (tradición, patrimonio, creación contemporánea, etc.), adaptadas á idade das persoas participantes e desenvolvidas en instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Entrada: a partir das 8:30 h
Saída: entre as 14:30 e as 15:00 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h
PREZO COMEDOR (Cafetería Fac. Ciencias da Educación):
1ª QUINCENA XULLO: 77 €
2ª QUINCENA XULLO: 84 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
Os prazos de inscrición:
O prazo de inicio que se indica é de preinscrición e, no caso de chegar a un número suficiente para levar a cabo o campamento, abrirase un prazo para formalizar o pago. No caso de que nalgunha quenda non se acade o mínimo de 15 preinscricións, esa quenda poderá cancelarse.
INICIO para 1ª e 2ª quincena:
- Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 5 de xuño, ás 09:00 h
- Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 12 de xuño, ás 09:00 h
FIN para a 1ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 23 de xuño, ás 13:00
FIN para a 2ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 3 de xullo , ás 13:00 h
NOTA: O desconto por familia numerosa ou familia monoparental hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS DA UDC (PTXAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DA UDC. Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo FILLOS/AS DO ALUMNADO (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o dito colectivo, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FILLOS/AS DO ALUMNADO.