Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
O traballo céntrase nos núcleos rurais de San Vicente de Leira, Cernego e Penouta, no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e conta co visto bo e o entusiasmo do seu Alcalde e o corpo técnico responsable da xestión urbanística e económica do Concello. Asemade,o plantel que conforma a equipa docente e a mesa de poñentes, abrangue arquitectos, enxeñeiros, biólogos e topógrafos, ofrecendo unha visión completa da interdisciplinariedade que rexe no territorio.
Os obxetivos principais son os seguintes:
- Elaboración dun documento que contemple o estado real dos asentamentos tralos incendios: valoracións urbanísticas e técnicas, das edificacións e da estrutura dos núcleos. - Valoración do impacto económico nas principais actividades produtivas da área. - Estratexias, desde a xestión do solo, de prevención a futuro de acontecementos similares. - Estratexias, desde unha perspectiva económica, do papel dos núcleos rurais e as estruturas familiares no desenvolvemento económico e produtivo das actividades da comarca. - Estratexias, desde a demografía, para a fixación da poboación nas aldeas baleiras.
O resultado final plasmarase nun documento base para a elaboración dun Plan Estratéxico que serva ao Concello para deseñar un futuro coherente coas conclusións acadadas no curso en termos urbanísticos, arquitectónicos, de xestión do solo, sociais e económicos.
Luns 13 de xullo:
11:00 h. Inauguración do curso. Recibimento.
D. Enrique Álvarez Barreiro, Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
Dª. Emma Noriega García, Presidenta da Delegación de Ourense do Colexio
Oficial de Arquitectos de Galicia
11:30 h. Presentación dos aspectos técnicos do curso
Prof. D. Óscar Pedrós Fernández , Director do Curso
12:30 h. Introdución á área de estudo. Cronoloxía dos incendios. Aspectos urbanísticos e arquitectónicos dos núcleos de estudo.
Dª. Sonia Fernández Vázquez, Arquitecta municipal de Vilamartín de Valdeorras
14:00 h. Pausa para almorzo
16:00 - 20:00 h. Obradoiro
Visita de campo aos núcleos afectados.
Martes 14 de xullo:
11:00 h. Técnicas de levantamento topográfico, fotogramétrico e nubes de puntos de núcleos rurais.
D. Carlos González Cid, Ingeniero y especialista en topografía.
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo do convidado. Aplicación da topografía na restauración de núcleos rurais. Mallas, recortes e ortomosaicos.
14:00 h. Pausa para almorzo.
16:00 - 20:00 h. Obradoiro.
Supervisión a cargo dos profesores D. Óscar Pedrós fernández e D. Jorge Rodríguez Álvarez.
Mércores 15 de xullo:
11:00 h. La interfaz urbano-forestal y los incendios de 4ª generación.
D. Juan Picos Martín,
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo do convidado. A xestión do solo fronte aos futuros incendios.
Supervisión a cargo dos profesores D. Óscar Pedrós fernández e Dª. Emma López Bahut.
Xoves 16 de xullo:
11:00 h. Estrategias de regeneración natural tras un incendio forestal.
Dª. Otilia Reyes Ferreira
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo da convidada. A vexetación na xestión do solo de protección forestal.
Visita ás canteiras de pizarra de Valdeorras. Clúster da Pizarra de Galicia.
Venres 17 de xullo:
11:00 h. Presentación dos traballos ante a veciñanza. Sesión crítica.
Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
Presidenta da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Director do Curso, Prof. D. Óscar Pedrós Fernández
Arquitecta municipal de Vilamartín, Dª. Sonia Fernández Vázquez
14:00 h. Clausura do curso.