Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA)
Visitas guiadas pola cidade e arredores
Obxectivos razoados
En 1954, con ocasión do Ano Santo Compostelán, o Premio Nacional de Arquitectura convocouse baixo o tema «Unha Capela no Camiño de Santiago». O edificio que resultou gañador — deseñado polos arquitectos Francisco Javier Sáenz de Oíza e José Luis Romany coa colaboración do escultor Jorge Oteiza— converteuse de inmediato nunha icona da nova arquitectura española. A proposta combinaba a arte máis primitiva cunha visión optimista da técnica máis avanzada, abrindo así un novo horizonte á arquitectura relixiosa moderna. Pero nunca foi construída.
Este curso de verán pretende aproximar aos alumnos de arquitectura ao deseño dun edificio destinado ao culto relixioso. Un tipo de arquitectura pouco coñecido na actualidade, pero que conta cun gran interese conceptual, espacial, plástico, social e patrimonial. Non en balde, a arquitectura relixiosa é un dos grandes temas que preocuparon aos seres humanos desde a máis remota antigüidade, e co que todo arquitecto desexou medirse algunha vez.
Ás portas dun novo ano xacobeo, proponse aos alumnos o proxecto dunha capela no campus da UDC que forme parte do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Diversas sesións teóricas sobre a historia da arquitectura relixiosa contemporánea servirán de guía ao proceso de deseño, que se reforzará con visitas ás igrexas modernas máis interesantes da nosa contorna.
Do 27 até o 31 de xullo
Luns 27
09.00 h. Visitas guiadas: Iglesia de Santiago e Colexiata de Santa María (s. XIII), A Coruña.
10.30 h. Conferencia: Presentación do curso. Arquetipos espaciais na arquitectura relixiosa (Esteban Fernández‐Cobián)
11.30 h. Debate
12.00 h. Taller
Martes 28
09.00 h. Visitas guiadas: San José de Montealto (Jacobo Rodríguez‐Losada Trúlock, 1960‐68) e Santa Margarita (Milagros Rey Hombre, 1964‐72), A Coruña.
10.30 h. Conferencia: Arquitectura relixiosa e modernidade (Silvia Blanco Agüeira)
Mércores 29
09.00 h. Visitas guiadas: Santuario de Santa Xema (Andrés Fernández‐Albalat, 1965‐84) e A Resurrección do Señor (José Antonio Corrales, 1969‐74), A Coruña.
10.30 h. Conferencia: Os tipos na arquitectura eclesial (Esteban Fernández‐Cobián)
Xoves 30
09.00 h. Visitas guiadas: A Santa Cruz (Miguel Fisac, 1967‐69), Santa Cruz de Oleiros e Santo Martín (Andrés Fernández‐Albalat, 1966‐68), Meirás.
10.30 h. Conferencia: A arquitectura relixiosa de Miguel Fisac (Ricardo Sánchez Lampreave)
Venres 31
09.00 h. Visitas guiadas: Santa María (Juan González Cebrián, 1963‐65), Oleiros e A nosa Señora das Roseiras (Jacobo Rodríguez‐Losada Allende, 2003‐08), A Coruña.
11.00 h. Conferencia: A arquitectura relixiosa do século XXI en Europa: perspectivas críticas (Esteban Fernández‐Cobián)
12.00 h. Taller (exposición de traballos)