Cubo da Normal (UDC)
Carballo (A Coruña)
Ferrol - Barrio de Canido
O curso de verán “Arte urbana comunitaria na Galiza: accións colectivas, territorio e mediación cultural” propón unha aproximación á arte urbana contemporánea na Galiza desde a perspectiva da mediación cultural, a creación colectiva e a transformación do territorio. A través de encontros con artistas, colectivos e entidades vinculadas á xestión cultural e ao muralismo, analizaranse experiencias desenvolvidas no espazo público galego que conectan arte, comunidade e identidade. As sesións combinarán presentacións, conversas abertas, percorridos guiados e actividades prácticas co obxectivo de achegar ao estudantado os procesos de creación, organización e intervención asociados á arte urbana comunitaria
Obxectivos razoados
• Analizar o papel da arte urbana contemporánea na Galiza como ferramenta de intervención social, mediación cultural e transformación territorial. • Coñecer os procesos de creación, coordinación institucional, comisariado e xestión cultural asociados a proxectos de muralismo e arte pública. • Achegar ao estudantado experiencias profesionais desenvolvidas desde o cooperativismo, o asociacionismo veciñal e os proxectos comunitarios. • Incorporar unha perspectiva inclusiva e de igualdade de xénero no estudo das intervencións artísticas no espazo público. • Fomentar o diálogo directo entre a universidade, artistas, colectivos culturais e territorio. • Desenvolver unha experiencia práctica de creación colectiva mediante un proceso de mediación artística cunha narrativa visual centrada na diversidade e igualdade no ámbito universitario. • Reforzar a articulación entre os distintos campus da UDC e a súa contorna mediante experiencias formativas contextualizadas.
16 - 24 de xullo
16 de xullo 11:00–11:30 Inauguración e benvida
11:30–13:00 Encontro aberto e coloquio “Arte urbana, ilustración e compromiso social” Lugar: Cubo da Normal Intervén: Eva Agra Contidos:
20 de xullo
11:00–13:00 Obradoiro e diálogo aberto “Cooperativismo cultural e creación colectiva” Lugar: Cubo da Normal Intervén: 7H Cooperativa Cultural Contidos:
21 de xullo 16:00–16:30 Desprazamento A Coruña–Carballo Saída desde o Pazo dos Deportes de Riazor. Enderezo: Calle de Manuel Murguía, 15011, A Coruña (Galiza) 16:30–17:00 Presentación e diálogo aberto "Rexenera Fest: arte urbana, territorio e cooperación institucional” Lugar: Carballo (A Coruña) Intervén: Maite Parga Ures, técnica de Turismo do Concello de Carballo, e Mutante Creativo, colectivo de arte urbana e comisario do Festival Rexenera Fest. 17:00–19:00 Visita guiada polos murais máis destacados de Carballo Contidos:
19:00–19:30 Diálogo co alumnado e reflexións finais Lugar: Pazo da Cultura de Carballo. Enderezo: Rúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña
19:30–20:00 Regreso ao Pazo dos Deportes de Riazor
23 de xullo 16:00–16:45 Desprazamento A Coruña–Ferrol Saída desde o Pazo dos Deportes de Riazor. Enderezo: Calle de Manuel Murguía, 15011, A Coruña (Galiza) 17:00–17:30 Visita ao obradoiro de Eduardo Hermida Dopico “Xénese dun proxecto artístico comunitario” Enderezo: Rúa Barrié de la Maza 9–11, 15401 Ferrol 17:30–18:30 Visita guiada aos murais máis significativos do Barrio de Canido "Arte, barrio e creación colectiva” Intervén: Agrupación Artístico Cultural Meninas de Canido Contidos:
18:30–19:15 Regreso ao Pazo dos Deportes de Riazor
24 de xullo 10:00–14:00 Obradoiro práctico de mediación artística “Creación colectiva e narrativa visual inclusiva” Lugar: Pavillón do Centro Normal da Universidade da Coruña.
Intervén: Lara Torres Contidos: