Forum Carballo.Praza dos Bombeiros, s/n. 15100 Carballo
XIX Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Lingua e Memoria Democrática: a Quimera da Normalización
7 e 8 de xullo de 2026
A XIX edición do curso de verán centrarase en analizar, dunha perspectiva histórica, a evolución das políticas e normativas vinculadas á dinamización do galego, tendo como punto de partida a implantación da monarquía parlamentar. Procurarase comprobar en que medida, a pesar da recuperación de certas liberdades, continúan vixentes despois de catro décadas inercias e desigualdades que parecen ser estruturais e que impiden e que dificultan a normalización plena do idioma.
As sesións constan de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros para avaliarmos experiencias e propormos medidas e accións de intervención en actividades de forma a implicaren distintas entidades e persoas Obxectivos - Comprender os procesos históricos que influíron na dinamización lingüística en Galicia, especialmente a partir da chamada transición. - Analizar o papel da lingua galega como elemento central da identidade, resistencia cultural e construción da memoria histórica. - Reflectir sobre a importancia das iniciativas de base para a lingua galega e a súa dinamización actual. - Valorar os avances e os retrocesos en materia de normalización lingüística.
Lugar
Fórum Carballo. Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. 15100 Carballo
XIX Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua
Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización
7 de xullo
09:00-09:30 Recepción e entrega de documentación
09:30-10:00 Inauguración e benvida
10:00-11:30 Conferencia de abertura + coloquio
«O conflito lingüístico na Galiza de hoxe»
11:30-13:00 Mesa redonda + coloquio
«A memoria da terra e dos nomes e lugar. A recuperación da toponimia»
Modera: Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da Universidade da Coruña
13:00-14:30 Comunicacións + coloquio
"A pegada presente do pasado"
Modera: Ángeles Pacoret Rodríguez, concelleira da Normalización Lingüística do Concello de Carballo
14:30-16:00 Xantar
16:30-17:300 Mesa redonda + coloquio
"A música en galego: da reivindicación da democracia á dinamización lingüística"
Modera: María del Mar Eirís Villar, concelleira de Educación do Concello de Carballo.
17:30-18:30 Memoria das presentes. Dinámica de grupos
18:30-20:00 Conferencia-espectáculo
"GPA. Galego pra adolescentes"
8 de xullo
9:00-10:00 Mesa redonda + coloquio
"Medios en galego: do impacto inicial á situración actual"
Modera Ubaldo Cerqueiro García, director do diario dixital Que pasa na Costa
10:00-11:00 Conferencia + coloquio
"Conciencia social do galego"
11:00-12:30 Ruta de microtoponimia carballesa (polas rúas da vila)
12:30-14:00 Mesa redonda+coloquio
"O ensino. Unha igualdade que nunca chega"
Modera: Neves Arza Arza, profesora da Universidade da Coruña
14:00-15:00 Grupos de Traballo. Elaboracións de conclusións.