Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde, Campus de Oza- A Coruña
Coa finalidade de divulgar a Terapia Ocupacional e responder, reflexionar e debater sobre diferentes desafíos da vida cotiá, dende a diplomatura de Terapia Ocupacional o Ciclo de Conferencias en Terapia Ocupacional ten unha longa tradición como actividade realizada pola Facultade de Ciencias da Saúde. Polo desenvolvemento dos ciclos anteriores, os resultado finais foron moi enriquecedores, facilitando ampliar o impacto da profesión a diversos campos de actuación e fortalecendo o coñecemento e a aplicabilidade de Terapia Ocupacional para os estudantes, docentes e persoas participantes.
Na edición do ano 2026, preténdese convidar a persoas de diferentes entidades, para continuar realizando divulgación, promovendo a actualización da profesión e as relacións inter e multidisciplinares, en campos de actuación como é o Long Covid, impacto da prostitución en España ou a ética como principio activo no desenvolvemento profesional. O ciclo de conferencias de Terapia Ocupacional amosará a diversidade dos enfoques e perspectivas da profesión, así como os desafíos e novos horizontes; é por isto que se presentan neste ciclo de conferencias diversos ámbitos da profesión e, en especial, aqueles que a sociedade actual está a requirir, como son:
- Que é a Long Covid? O COVID persistente: a cargo de Paula Sánchez Diz, PhD Coordinadora técnica da Red Española de Investigación en COVID persistente REICOP
- O rol do terapeuta ocupacional en persoas afectadas de Long Covid: un caso práctico. Adriana Ávila Álvarez PhD , profesora da UDC e Rosa María Martínez Piedrola, PhD profesora da Universidade Rey Juan Carlos
- O coidado bucal como factor social José Manuel Valiño Cruz PhD. Director Científico do Posgrao en Cirurxía e Implantes da Facultade de Ciencias da Saúde (UDC). Director Clínicas Sonrident Salud
- A realidade actual sobre a pornografía infantil. Nuria Máximo Bocanegra PhD. Profesora da Universidad Rey Juan Carlos (Madrid)
- A Terapia Ocupacional como experiencia de vida Betsabé Méndez. PhD. Profesora xubilada da Escola Universitària Creu Roja. Universidade Autónoma de Barcelona
- 2 relatores que se acordarán co a UDC para as conferencias do día 23 de outubro Acto de entrega da Medalla de Ouro da Terapia Ocupacional e conferencia
A realización deste ciclo vai a ser de maneira presencial e pola plataforma Teams, debido a que se require da participación de expertos profesionais de A Coruña, outros concellos de Galicia e de España.
Martes 14 de abril 2026
Lugar das conferencias: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde, Campus de Oza- A Coruña
16:30 - 17:00
Benvida Ciclo de conferencias de Terapia Ocupacional 2026 Ocupación e saúde
IVAN DE ROSENDE CELEIRO. Decano FCS
PILAR MARANTES. Coordinadora Grado de Terapia Ocupacional
17:00 - 18:00
O coidado bucal como factor social
XOSÉ MANUEL VALIÑO CRUZ, Clínica Sonrident A Coruña
Martes 5 de maio 2026
17:00- 18:00
Que é a Long Covid? O COVID persistente.
PAULA SÁNCHEZ DIZ. Coordinadora Técnica da Red Española de Investigación en COVID persistente REICOP
Xoves 15 de outubro 2026
Lugar das conferencias: TEAMS ou Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde, Campus de Oza- A Coruña
16.00 - 17.00
O rol do terapeuta ocupacional en persoas afectadas de Long Covid: un caso práctico
ROSA MARÍA MARTÍNEZ PEDROLA, Universidad Rey Juan Carlos
Lugar das conferencias: TEAMS
A situación actual da pornografía infantil na España
NURIA MÁXIMO BOCANEGRA. Universidad Rey Juan Carlos
Xoves 22 de outubro 2026
Lugar das conferencias: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde, Campus de Oza - A Coruña
16:00-17:30
A Terapia Ocupacional como experiencia de vida
BETSABÉ MÉNDEZ, Profesora xubilada da Escola Universitária Creu Roja. Universidade Autónoma de Barcelona
17:30 - 20:30
Acto de entrega da Medalla de Ouro da Terapia Ocupacional e conferencias
RICARDO CAO ABAD, Reitor da UDC
NEREIDA CANOSA DOMÍNGUEZ, Concelleira de Benestar Social, Concello da Coruña. Egresada UDC
BELÉN NÚÑEZ REY, Presidenta do Colegio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA)
IVÁN DE ROSENDE CELEIRO, Decano FCS e Presidente da Conferencia Nacional de Decanas e Decanos de Terapia Ocupacional (CNDEUTO)