Facultade de Turismo
O ciclo de conferencias CAFÉS VIAXEIROS, está enfocado a dar visibilidade e divulgar cuestións de interese e actualidade relativas ao sector turístico así como presentar iniciativas innovadoras nun contexto en constante transformación. Nestas sesións persoas do ámbito académico comparten escenario con profesionais así como outros axentes sociais. As persoas conferenciantes ofrecerán unha visión introdutoria que se completará coa conversa cos asistentes e se pechará coas reflexións finais de persoal académico e o alumnado. Na definición das temáticas, e coa finalidade tamén de integrar unha
perspectiva sostible, se tratou de abordar temas relacionados cos ODS e, concretamente: ODS 12 Novos mercados, ODS 8 Marcas internacionais, ODS 9 Pequenas empresas grandes negocios, ODS 5 Mulleres nun mundo global, ODS 13 Mercados Glocais, ODS 4 Internacionalización do coñecemento. As actividades de organización e divulgación recaerán no alumnado do Grao en Turismo coa finalidade tamén de buscar a súa participación e integración na celebración destas xornadas.
CICLO DE CONFERNCIAS, CAFÉS VIAXEIROS
24 DE ABRIL
10.00 h. "Turismo e diplomacia cultural: a viaxe como ferramenta de poder blando” CONFERENCIA 1 Letizia Estévez, Universidad Nacional de Avellaneda (Argentina)
12.00 h. " De majanos a "pirámides": patrimonialización turística, apropiación cultural e conflito de lexitimidade en Güímar, Tenerife. CONFERENCIA 2 Lorena Isabel Márquez, Universidad de la Laguna
18.15 h. “Son, territorio e comunidade” CONFERENCIA 3 Natalia Pérez, A.A.C. Donaire CONFERENCIA 4 Sergio Muiño, eufundevivo
SETEMBRO
Data pendente de programar. "Como pensan as plataformas (e que podemos aprender delas) CONFERENCIA 5 Floencia Cueto, Director, Global Engagement & Sales Enablement - Shiji Group
24 DE SETEMBRO (Día Mundial do Turismo) "Accesibilidade no turismo" CONFERENCIA 6 Andrea Rey, especialista en turismo accesible
CONFERENCIA 7 Ana Leiras, Centro Superior de Hostelería de Galicia
Moderación: Antonia Pérez García, UDC
Os moderadores serán estudantes do Grao en Turismo e Programa de Simultaneidade dando así a oportunidade de que participen de maneira activa no desenvolvemento do evento.