As Xornadas celebraranse na Facultade de Economía e Empresa (FEE). O programa está composto por actividades variadas que teñen como eixo común a participación no sector financeiro das mulleres desde unha perspectiva feminista, interseccional e histórica. Farase especial fincapé en cuestións relacionadas con: a accesibilidade das mulleres ao sistema bancario (dificultades que padeceron ata finais do S.XX, manexo das súas finanzas persoais, control de diñeiro no ámbito empresarial, etc.); o rol das mulleres na banca tradicional vs. banca con enfoque social; a posta en valor da figura de mulleres pioneiras do sector; o perfil investidor das mulleres; a xestión da autonomía financeira a través da formación en investimentos con perspectiva de xénero; o ecosistema das criptomonedas e como se relaciona este tipo de activos coa manosfera; a representación na prensa e cartaces publicitarios de entidades financieras sobre a relación muller-diñeiro; e os logros acadados e os retos aínda persistentes no sector financeiro na actualidade. O enfoque adoptado integra o carácter divulgativo co académico para achegar contidos cunha base científica sólida e experiencias reais, dun xeito accesible e ameno, tanto ao estudantado como ao público en xeral, a través de: relatorios con expertas na materia; presentación de libro; obradoiro; e mostra bibliográfica.
Xornadas 8M. Finanzas, xénero e historia: outra economía é posible.
04/03/2026, en horario de 11:30 – 13:00 h
• Obradoiro “Capital e xénero: representación en cartaces e narrativas históricas”. Dra. Tamara González López e Dra. Ángeles Longarela Ares (Docentes e investigadoras da Universidade da Coruña).
Duración e espazos: 1,5 horas. Sala de traballo da Biblioteca da FEE.
04/03/2026, en horario de 13:00 – 15:00 h
• Mostra bibliográfica e entrega de guías explicativas para as persoas asistentes. Persoal da Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa (FEE). A exposición estará dispoñible durante todo o mes de marzo.
Duración e espazos: 2 horas. Biblioteca da FEE.
05/03/2026, en horario de 09:30 - 13:00 h
• 9:30– 10:00 h Rexistro e benvida ás persoas asistentes • 10:00 – 10:15 h Apertura das xornadas coa Decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC e representante de igualdade (OIX) da Facultade de Economía e Empresa. • 10:15 h – 13:00 h Charlas-coloquio “Banca, xestión e mulleres: retos e logros cun enfoque histórico”.
o Dra. Susana Martínez Rodríguez (Docente e investigadora da Universidade de Murcia). “As accionistas do Banco de España: primeira aproximación (1856–1962)”. o Dra. Yolanda Cotelo Ouréns (Docente e investigadora da Universidade da Coruña) “¿Inflúe o xénero en como xestionamos o diñeiro? Evidencia e debates desde a investigación académica”. o Dra. Elizabeth García Gil (Docente e investigadora da Universidade de Málaga). “Mitos e verdades sobre as prácticas financeiras das mulleres na Idade Moderna”.
Duración e espazos: 3,5 horas. Salón de Graos da FEE.
05/03/2026, en horario de 13:00 – 14:00 h
• Presentación do libro “Entre el poder y la subsistencia: la empresa española en clave femenina, ss. XVIII-XX". Dra. Elvira Lindoso Tato e Dra. Tamara González López (Docentes e investigadoras da Universidade da Coruña).
Duración e espazos: 1 hora. Salón de Graos da FEE.
05/03/2026, en horario de 16:00 – 18:00 h
• Mesa redonda “Investimentos e perfil investidor en clave de xénero: cuestións de actualidade”.
o Dna. Alejandra Pérez Peña (Delegada Territorial do Comité de Servizos a Asociados de EFPA España en Galicia). “Presentación de resultados da XIII Edición da Enquisa Mulleres e Finanzas e do programa EFPA de Educación Financeira" o Dna. María Mira Reymúndez (Consultora económico-financeira, MFIA – Estrategias de Inversión). “Xestión da autonomía financeira máis alá do inmediato. Finanzas e investimento con perspectiva de xénero”. o D. Francisco José Casado Garrocho (Sociólogo e doutorando da Universidade de Santiago de Compostela). “A masculinidade no ecosistema cripto: diferenzas de xénero e condutas de risco”.
Duración e espazos: 2 horas. Salón de Graos da FEE.
Total duración: 04/03/2026 – 05/03/2026, 10 horas