Lugar de realización: Facultade de Fisioterapia, Campus de Oza-As Xubias
O cancro constitúe un dos principais desafíos sanitarios a nivel global e nacional, non só pola súa elevada incidencia, senón tamén polo impacto funcional, físico, psicolóxico e social que xera nas persoas afectadas. Segundo os datos da Sociedade Española de Oncoloxía Médica, en España diagnosticáronse máis de 290.000 casos de cancro en 2025, o cal supón un aumento do 3,3% respecto ao 2024 (1). O aumento desta cifra en constante aumento débese ao envellecemento poboacional, os avances na detección precoz e o aumento da supervivencia debido ao avance dos tratamentos. Este progreso, aínda que esperanzador, implica un número crecente de persoas que conviven coas secuelas derivadas tanto da enfermidade como dos tratamentos oncolóxicos, o que converte a atención de pacientes e sobreviventes de cancro un elemento esencial da calidade asistencial.
Neste contexto, a Fisioterapia demostrou desempeñar un papel fundamental tanto na práctica clínica habitual, como na investigación en pacientes con cancro. A evidencia científica actual sinala que intervencións como o exercicio terapéutico supervisado, a Fisioterapia respiratoria, a abordaxe das disfuncións musculoesqueléticas, a prehabilitación, a educación en saúde, o tratamento de secuelas neurolóxicas, linfáticas ou dolorosas, contribúen significativamente a mellorar a capacidade funcional, reducir a fatiga relacionada co cancro, modular a dor, previr complicacións e mellorar a calidade de vida (2,3).
Por iso, desde a Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña proponse a celebración das VI Xornadas de Fisioterapia e Saúde, centradas na integración da Fisioterapia na abordaxe clínica e científico do cancro. Estas Xornadas buscan profundar nos avances máis recentes, promover o traballo interdisciplinar, visibilizar a achega do fisioterapeuta en diferentes tipos de cancro e etapas asistenciais, e fomentar a actualización continua de profesionais e estudantes.
Os/as relatoras invitados/as son profesionais cunha ampla traxectoria no ámbito da Fisioterapia Oncolóxica, tanto na práctica clínica especializada como na investigación clínica. O programa integra expertos de recoñecido prestixio a nivel nacional e unha salientable representación de docentes e profesionais da contorna local, o que permite visibilizar e fortalecer unha área en pleno desenvolvemento dentro da Fisioterapia. Esta combinación de perspectivas clínicas, docentes e investigadoras garante unha xornada rigorosa, actualizada e de relevancia para a práctica asistencial.
VI JORNADAS DE FISIOTERAPIA Y SALUD Temática: “Fisioterapia Oncolóxica: exercicio terapéutico e abordaxe clínico especializado”".
Data: venres 23 de outubro de 2026
Horario: 09.00 a 19.00 horas
9.00-9.30 horas Apertura Ciclo de Conferencias.
Sr./Sr. D. Ricardo Cao Abad. Reitor da Universidade da Coruña (ou persoa do equipo reitoral en quen delegue).
Sra./Sra. Dna. Sonia Souto Camba. Decana da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña .
Sra./Sra. Dna. Ana Lista Paz. Directora do Departamento de Fisioterapia, Medicamento e Ciencias Biomédicas da UDC.
9.30-10.15 horas Conferencia: “Proceso asistencial no paciente oncolóxico: desde o diagnóstico ata a alta”
Relator: Dr. Víctor Sacristán
10.15-11.00 horas Conferencia: “Exercicio terapéutico na abordaxe das secuelas máis frecuentes no paciente oncolóxico”
Relatora: Dra. Davinia Vicente Campos
11.00-11.30 horas Descanso.
11.30-12.15 horas Conferencia: "Dosaxe do exercicio terapéutico en pacientes con cancro".
Relatora: Dra. Estíbaliz Díaz Balboa
12.15-13.00 horas Conferencia: “Fisioterapia en oncohematología: abordaxe clínica e científico”
Relatora: Dna. Raquel Pérez Aguilar
13.00-13.45 horas Mesa redonda
Moderador: D. Fernando Ramos Gómez
13.45-15.15 horas Comida
15.15-16.00 horas Conferencia: “Fisioterapia en tumores musculoesqueléticos”
Relatora: Dna. Marta Gómez Nicolás
16.00-16.45 horas Conferencia: "Fisioterapia en pacientes con metástases: seguridade e efectividade clínica”
Relatora: Dna. Elia García García de Longoria
16.45-17.00 horas Mesa redonda
Moderador: Dr. Gustavo Paseiro Ares
17.00-17.30 horas Descanso.
17.30-18.30 horas Sesión de discusión: “Cancer y comunidad: el valor de caminar juntos”.
Dna. Inés López Simón, fisioterapeuta responsable do Servizo de Fisioterapia Oncolóxica da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña, onde desenvolve e coordina a posta en marcha de programas gratuítos de exercicio terapéutico oncolóxico dirixidos a persoas recentemente diagnosticadas, en tratamento activo ou en fase de supervivencia.
Dous usuarios/pacientes da AECC Coruña
18.30-19.00 horas Clausura das VI Xornadas de Fisioterapia e Saúde