Curso práctico orientado a quen xa dispón dun manuscrito e quere transformalo nun libro listo para publicar. Desde a corrección ortotipográfica ata a creación de eBooks e audiolibros, pasando pola maquetación de libros impresos e a publicación en plataformas internacionais, o alumnado aprenderá a dominar o proceso completo de autoedición con ferramentas accesibles e ao seu alcance.
Obxectivos:
• Comprender as fases do proceso de autoedición e os seus estándares básicos.
• Coñecer a anatomía do libro impreso e identificar os erros máis habituais de maquetación.
• Aprender a preparar arquivos profesionais para impresión baixo demanda.
• Saber editar e validar un ePub con ferramentas abertas (Calibre).
• Familiarizarse cos fundamentos do audiolibro e coas ferramentas de auto-narración.
• Crear contas en KDP, Google Books e Apple Books e publicar un ơtulo completo.
• Elaborar unha ficha de produto efectiva (descrición, palabras clave, categorías).
• Introducirse no marketing do libro e nas métricas de seguimento.
DOCENTE:
Richi Rozas é licenciado en Filoloxía Inglesa (USC), con CAP (UDC) e Programa Superior en Marketing Dixital (ESIC). Ten máis de 15 anos de experiencia docente e 10 anos de experiencia en márketing internacional (España, Italia, Austria e China). Desde 2023 interveu en máis de 30 obras autoeditadas e colabora con autores independentes e institucións para converter manuscritos en edicións profesionais —papel, libro dixital e audiolibro—, asegurando estándares editoriais profesionais e xestión de catálogos nas principais canles de distribución global.
1. Introdución á autoedición: que é, fases, visión xeral. Diferenza entre autoedición e autopublicación.
2. Preparación do manuscrito: ferramentas accesibles (MS Word, LibreOffice). Corrección ortotipográfica e estándares básicos.
3. Libro impreso I: anatomía do libro (miolo, cubertas, solapas, ISBN, código de barras).
4. Libro impreso II: composición e erros habituais (viúvas, orfas, rosarios). Preparación dun PDF para impresión baixo demanda (KDP).
5. Libro dixital I: que é un ePub, anatomía básica, estrutura interna, metadatos.
6. Libro dixital II: práctica con Calibre: abrir, editar e validar un ePub.
7. Audiolibros, anatomía dun audiolibro, ferramentas de auto-narración (Google), panorama do mercado.
8. Publicación e difusión: plataformas (KDP, Google Books, Apple Books); ficha de produto: descrición, palabras clave, categorías BISAC/THEMA, prezos por territorios; introdución a marketing e métricas básicas.