É posible aprender a escribir? Ou o talento literario é unha cualidade innata? Esa disxuntiva marca as diferentes aproximacións á escritura creativa dende o primeiro momento en que alguén planteou por vez primeira ensinar a outros a escribir.
No obradoiro de Escritura Creativa veremos as diferentes técnicas e recursos que poden converter unha faísca inicial de inspiración nun manuscrito rematado.
Abordaremos os principais retos aos que se enfronta un autor novel e veremos como impedir que se convertan en obstáculos para conseguir o obxectivo final, ese co que tantos soñamos ao longo da historia: escribir un libro.
Veremos os diferentes xéneros literarios, tanto de ficción coma de non ficción, mais nos centraremos sobretodo na narrativa e as súas técnicas.
O alumnado desenvolverá traballos prácticos na casa que serán contados como horas lectivas.
Obradoiro de 30 horas de duración.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos (asistencia mínima do 85%).
DOCENTE
Rocío Otero (pseudónimo: Abril Camino) é licenciada en Filoloxía Hispánica (UDC) e Filoloxía Inglesa (UNED) e Mestrado en Edición (UOC). A súa traxectoria profesional estivo sempre ligada aos libros e a escritura, traballando en diferentes campos: o ensino de linguas e literaturas, a corrección de textos, a escritura de guións, a tradución ou a prensa escrita. No ano 2015, escribiu a súa primeira novela en castelán (Pecado, penitencia y expiación) e decidiu probar sorte na autopublicación, unha opción da que se comezaba a falar naqueles tempos. O éxito de vendas e crítica deu un xiro á súa carreira e, dende o ano 2018, dedícase case en exclusiva á escritura. Despois de combinar durante varios anos a autopublicación coa edición tradicional en selos coma Urano ou Penguin Random House, dende o ano 2021 é autora da Editorial Planeta. No ano 2025 debuta coa súa primeira novela en galego, Mulleres que viven xuntas, galardoada co Premio Xerais de Novela.
É unha cara habitual nas feiras do libro e outros eventos literarios do panorama estatal, ademais de impartir cursos e conferencias en diferentes centros educativos e asociacións literarias, e codirixir o podcast Desquiciadas de libro.
Programa:
1. Introdución aos xéneros literarios:
a. Ficción:
1. Narrativa.
2. Poesía.
3. Teatro.
b. Non ficción.
2. Como planificar a escritura dun manuscrito: todo o que debemos facer antes de comezar a escribir.
3. Métodos de traballo en escritura.
4. A inspiración: onde atopala?
5. A planificación dunha novela: por onde comezamos?
6. Documentación: familiarizarse co terreo sobre o que imos plantar a semente.
7. Trama e tema: que queremos contar.
8. Estrutura e narrador: os dous piares sobre os que se asenta todo.
9. Creación de personaxes: como facer que cobren vida.
10. Atmosfera, escenario e punto de vista: facer que todo encaixe.
11. Linguaxe: como contar a historia.
12. As tipoloxías textuais: diálogo, narración e descrición.
13. Terminei a novela: e agora que?
14. A corrección da nosa propia novela:
a. Corrección de mesa.
b. Corrección de estilo.
c. Corrección ortotipográfica.
15. Opcións de publicación para o manuscrito:
a. Publicación tradicional.