Obradoiro de Iniciación ao Guión
Escribir desde dentro
«O guión é a base sobre a que se cimenta unha obra audiovisual. Se durante o exercicio de escribir, procuramos poñernos persoais, o resultado non só será máis singular, senón tamén catártico. Paréceme interesante o enfoque de combinar estas dúas dimensións. Por un lado, aprender as bases técnicas e teóricas do guión, e por outro, experimentar a creatividade como un exercicio emocional, dende dentro».
Obradoiro de 30 horas
DOCENTE
Ángela Mª Andrada Gómez
Actriz e guionista, Ángela conta con experiencia escribindo en diferentes formatos como webserie, TV, ou ficción sonora. No eido do cine, é guionista das curtas “A rabia”, e “Adeus, berta”. Esta última, rodada recentemente, foi coprotagonizada tamén por ela. A raíz desta historia, Angela coescribiu unha versión de longametraxe co mesmo título. “Adeus, Berta” (longa) gañou o ano pasado o premio de guión Julio Alejandro, e actualmente, continúa o seu traballo de preprodución. Outro dos seus guións, “Rúa Barcelona”, foi a base do seu proxecto de estudos, polo que recibiu a beca da Deputación da Coruña de estudos artísticos. Estas dúas historias, teñen moita pegada persoal. Para Ángela, o guión garda relación coa interpretación: canto máis persoal sexas no teu traballo, máis conectará co resto.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos (asistencia mínima do 85%).
Programa:
Tratarase de atopar a nosa aportación persoal coa historia. «Pon todo o que poidas de ti no guión. Así, estarás a crear un traballo catártico co que a xente poderá identificarse».