A viaxe
Creación colectiva dunha peza de danza contemporánea de arredor de 15min.
Na procura dunha dirección concreta, na procura da identidade, na procura do mar.
Xogaremos coa idea dunha viaxe que nos dirixe, da dirección, da brúxula, do faro que nos anuncia a costa, indagando na identidade galega, pescadora, costeira e emigrante.
Persoaxes á procura da súa identidade colectiva.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos (asistencia mínima do 85%).