AULA DE TEATRO
Nesta Aula de Teatro da UDC proponse formar ás alumnas en técnicas de interpretación e entrenamento actoral para a posterior montaxe dunha peza escénica baseada no conflito das Encrobas e as minas de cobalto do ano 1977.
OBXECTIVOS E COÑECEMENTOS:
Obradoiro enfocado na formación actoral das participantes (con ou sen experiencia previa), facendo un repaso por diferentes tradicións escénicas e entrenamentos actorais de Occidente, Asia e África. Emancipar aos actores no proceso de creación a través do traballo cos límites da subxectividade e a fisicalidade nun entorno de coidados.
Técnicas de improvisación e dinámicas grupais.
O Teatro Laboratorio de Grotowski e o Abecedario do corpo de Zygmunt Molik.
Técnicas de entrenamiento da voz de canto lírico. Traballos de respiración do Ioga. O control do core das artes marciais.
O traballo do texto e o verso: Cicely Berry, Vicente Fuentes e Julia Varley (Odin Teatret).
Historia do teatro (Grecia até a actualidade), partes e proceso da montaxe escénica.
Técnicas de creación da personaxe (das vangardas até a actualidade).
O teatro Noh xaponés.
O teatro antropolóxico do Odin Teatret (Euxenio Barba).
Lectura, análise e traballo de textos teatrais: a acción e a emoción.
O desexo, o inconsciente e a tensión na creación das personaxes.
Creación con materiais: o obxecto como metáfora.
O tempo e o ritmo como aliado na creación actoral.
O poema como texto teatral.
Preparación da montaxe escénica.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos (asistencia mínima do 85%).
DOCENTE:
Helena Salgueiro é directora escénica, poeta, dramaturga e activista galega. É directora artística da compañía Columna Balteira. Autora dos poemarios Amor Palimpsesta (2025, Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño), SORA (con Masako Hattori, 2024), As Flores (2016, Premio de poesía Rosalía de Castro), Intermitencia da Cidade (2012, Premio de poesía Avelina Valladares), a obra de teatro Todas as illas son unha illa (2021) e tradutora de Beats de Kieran Hurley (2022). Os seus traballos escénicos foron amosados en Galiza, Portugal, España, Suecia, Reino Unido e Arabia, coproducidos polo Centro Dramático Galego, Festival Internacional de Teatro do Alentejo e comisionados polo Festival Contradança, o Dance Base (National Centre for Dance of Scotland) etc. Imparte conferencias e laboratorios en distintas universidades e museos (UDC, USC, CGAC, UNL, UCLM...) ademais de participar en diversas antoloxías de poesía galega e publicacións académicas arredor das artes performativas, a poesía e os estudos de xénero. O obxecto do seu traballo é a performatividade, o xénero, a linguaxe, a coreografía do corpus social, a arte de acción e o arquivo. Converxe a súa traxectoria artística coa militancia política en organizacións anarquistas e feministas galegas.