Programa do taller
MÓDULO I – 1 sesión teórica. Por que a arte contemporánea non é algo que poida facer o teu fillo Introdución: nocións básicas sobre a arte contemporánea Que entendemos por arte contemporánea A mediación como estratexia de achegamento A arte contemporánea: algúns casos de estudo:
Fountain (1917), de Marcel Duchamp Iberia (1958), de Robert Motherwell
Man from Naples (1982), de Jean-Michel Basquiat
Comedian (2019), de Maurizio Cattelan. O caso das mulleres artistas
MÓDULO II - 5 sesións prácticas. Achegamento á práctica contemporánea na Coruña: cinco artistas
Celebración de charlas e visitas a estudos de artistas da cidade. Manuel Lariño, Héctor Francesch, Lara Pintos e Juan Lesta falarannos sobre a súa traxectoria, motivacións e detalles do seu traballo.
MÓDULO III - 2 sesións prácticas.
Achegamento á arte contemporánea mediada: dúas exposicións
Visitas comentadas a dúas exposicións de arte da cidade, nas que se comentaremos cuestións como a selección de obras, a súa orde e os materiais que se preparan para contribuír á súa comprensión.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos (asistencia mínima do 85%).