UNIBIKE (CICLO INDOOR)
Actividade que se realiza nunha bicicleta estática cun grupo de persoas pedaleando ao ritmo da música e na que se simula, o máis fiel posible, rutasde terreo real, baixadas,subidas, etc, co obxectivo de mellorar o sistema cardiovascular cun mínimo impacto sobre as articulacións.
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 15 anos
Público en xeral coa Matrícula