Curso de nivel iniciación ou perfeccionamento que consta de 5 sesións de 2,5 ou 3 horas, en función das condicións marítimas dos días seleccionados.
A inscrición inclúe o seguinte:
- 3 clases por semana, 1 entre semana pola tarde e sábado e domingo pola mañá.
- Posibilidade de servicio de transporte (acordar punto de recollida coa escola de surf)
- material (táboa, traxe de neopreno integral, licra e invento)
- seguro de RC e accidentes
- instructoras/es coa titulación correspondente
COMO ME INSCRIBO?
Contacto coa escola de surf (tel. 647419284 ou no email ferrolsurfyogahouse@gmail.com). Tarifa a ingresarlles (90 €) polo medio que eles acorden.