O título de buceador/a dunha estrela da Federación Española de Actividades subacuáticas (FEDAS) habilita para o buceo ata unha profundidade máxima de 25 metros cun escafandro de buceo autónomo sen entrar en descompresión e coa compaña dun buceador con experiencia e titulación superior a unha estrela.
Un curso ao mes. - Duración: 2 semanas de luns a venres, horario de tarde, comezando ás 18:30 h (flexible en función dos grupos de alumnos).
COMO ME INSCRIBO?
Prezo do curso: 330 €. Inclúe:
- 5 sesións teóricas (10 horas): introducción, 1º contacto coa auga, efectos do cambio de presión, a respiración con escafandro autónomo e limitacións pola respiración do aire a maior presión ca atmosférica.
- 4 sesións prácticas na piscina (7.5 horas).
- 4 sesións prácticas no mar (7.5 horas).
- Equipo completo.
- Carpeta co manual de buceo e material didáctico pola intranet da FEDAS.
- Tramitación da documentación precisa.
- Licencia senior
- 1 vale para unha saída de buceo (equipo completo) co Club de Mar de San Amaro cun monitor.
- 50% de desconto nas 10 sesións seguintes.
Os menores de idade deberán presentar autorización escrita dos pais.
Presentar dúas fotos carné e fotocopia do DNI.
O DÍA QUE COMECE O CURSO DEBERÁ IDENTIFICARSE COMO ABONADO/A AMOSANDO A SÚA FICHA DE USUARIO/A DE UDCXEST.UDC.GAL (NA PÁXINA PRINCIPAL, EN RESUMEN, VESE O NÚMERO DO ABONO DEPORTE).