Punto de partida: Estadio Universitario do Campus de Elviña
Actividade física segura, natural, dinámica, eficiente e adaptable a todas as persoas que involucra a todo o corpo de forma simétrica e equilibrada.
Consiste en andar cuns bastóns, especialmente deseñados para o desenvolvemento desta actividade co obxectivo de optimizar o esforzo físico realizado no movemento biomecánico do noso corpo ao camiñar. Na fluidez harmónica dos movementos é onde radica o equilibrio entre carga e efecto do adestramento. Mellora a condición física e tonifica a musculatura, independentemente da idade, xénero e a preparación física da persoa practicante.
As persoas inscritas deberán utilizar os seus propios bastóns, que é moi importante que sexan correctos, coa lonxitude adecuada para cumprir coas súas funcións de; apoio, guía e amortecer o impacto.
Nos contidos da actividade, traballarase a técnica de desprazamento, a mellora da postura e o equipamento persoal.
Realizaranse polo entorno do campus de Elviña, onde se combinará unha pequena introdución teórica ao inicio da sesión, cunha parte práctica no resto da sesión.