O HIIT (do inglés High Intensity Interval Training) ou "Adestramento de Intervalos de Alta Intensidade" permite combinarse moi ben nunha clase dirixida, de forma que as persoas que adestran comparten a súa experiencia á vez que melloran o seu rendemento. O HIIT é unha modalidade de adestramento fitness que combina intervalos de exercicios de alta intensidade con periodos curtos de repouso activo a intensidade moderada. Son especialmente eficientes se a túa intención é baixar de peso ou se queres mellorar a túa saúde con exercicios de cardio. Ademais, é ideal para queimar graxa, tonificar músculo eaumentar a resistencia en menos de media hora.
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 15 anos
Público en xeral coa Matrícula