Previamente o usuario deberá pagar o Abono Deporte.
Curso teórico de patrón de embarcacións de recreo (30 h aprox.) para o goberno de embarcacións de recreo ata 15 metros de eslora e ata 12 millas da costa ou navegación entre illas. Para poder manter esta oferta na Aula Náutica, precisarase un mínimo de 5 alumnos/as. HORARIO: - Grupo dos venres de 17:00 a 21:00 horas. POSIBLES EDICIÓNS: - outubro de 2025, febreiro 2026 e maio de 2026.
Prezo (a pagar a Altavela): 125 €. No 1º día de curso, Altavela facilitará o número de conta e o procedemento de pago ás persoas inscritas no curso que deberán abonalo antes da 2ª clase (7 días naturais). Para calquera dúbida ou cuestión relacionada, o contacto de Altavela é o seguinte; info@altavela.com e o teléfono 639 58 44 30.
Os prezos inclúen: ive, acceso á plataforma formación e xestión de matriculación e trámite. Non inclúe taxas de exame, libro, nin expedición de tarxeta deportiva (taxas Xunta). Posibilidade de facer prácticas a un prezo reducido (15% de desconto) para os alumnos/as que realicen a parte teórica connosco.