Previamente o usuario deberá pagar o Abono Deporte.
Curso teórico de patrón de navegación básica (15 h) para o goberno de embarcacións de recreo ata 8 metros de eslora e ata 5 millas da costa.
Prezo (a pagar a Altavela): 63 €. Cando lles confirmemos o comezo do curso ás persoas preinscritas, informarémolas do prazo de pagamento do curso e dos datos de contacto de Altavela para poder facer o dito pagamento.
Os prezos inclúen: ive, acceso á plataforma formación e xestión de matriculación e trámite. Non inclúe taxas de exame, libro, nin expedición de tarxeta deportiva (taxas Xunta). Posibilidade de facer prácticas a un prezo reducido para os alumnos/as que realicen a parte teórica connosco. HORARIO: - Grupo dos venres de 17:00 a 21:00 horas. POSIBLES EDICIÓNS: - outubro de 2025, febreiro 2026 e maio de 2026.