O UDC Games é unha nova actividade dirixida que deriva das novas carreiras de obstáculos de orixe norteamericana. O adestramento busca unha mellora da condición física empregando medios que se afastan dos tradicionais exercicios con máquinas. O levantamento e transporte de pesos, os saltos e os sprints son algún dos exercicios empregados nesta disciplina. Fortalece o teu corpo traballando dunha forma global e divertida.
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 15 anos
Público en xeral coa Matrícula