Primeira experiencia de inmersión cun escafandro autónomo. A duración da inmersión será duns 20 minutos.
A actividade desenvolverase na praia de San Amaro no caso de que as condicións do mar sexan as axeitadas.
COMO ME INSCRIBO?
Prezo 30 €. Inclúe:
- Proporcionarase o equipo completo.
- Licencia (seguro) por un día
Haberá que levar bañador, chancletas e toalla.
Expedirase un diploma acreditativo.
Os menores de idade deberán presentar autorización escrita dos pais.
O DÍA QUE COMECE O CURSO DEBERÁ IDENTIFICARSE COMO ABONADO/A AMOSANDO A SÚA FICHA DE USUARIO/A DE UDCXEST.UDC.GAL (NA PÁXINA PRINCIPAL, EN RESUMEN, VESE O NÚMERO DO ABONO DEPORTE).