2 sesións semanais (60 min/sesión) + 1 sesión semanal de estiramentos (1 h)
A sesión de estiramentos é os venres, ás 9:30 h ou ás 16:15 h no Estadio Universitario do Campus de Elviña
Opción dunha 3ª sesión/semanal os venres de Adestramento Persoal (previa inscrición e pagamento)
Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.
Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, adestramento funcional.
Obxectivos
Qué facemos?
Usuarios:
Membros da Comunidade Universitaria abonados/as da Área de Deportes. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 18 anos.
Público en xeral con abono matrícula.
Só os participantes da comunidade universitaria e familiares terán dereito ao uso libre do ximnasio fóra do horario da actividade de Adestramento Persoal.
A inscrición nun horario determinado será provisional, quedando condicionada a súa aceptación á entrevista persoal co monitor/a.