2 sesións semanais (75 min/sesión) cun máximo de 6 usuarios na mesma hora
Opción dunha 3ª sesión/semanal os venres de Adestramento Persoal (previa inscrición e pagamento)
Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.
Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, adestramento funcional.
Obxectivos
Qué facemos?
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 18 anos
Público en xeral coa Matrícula
Só as persoas pertencentes ao colectivo de comunidade universitaria e familiares inscritas nesta actividade de Adestramento Persoal terán dereito ao uso libre do ximnasio/sala fitness