CAMPAMENTO CANCELADO POR NON CHEGAR AO MÍNIMO DE PARTICIPANTES (12)
Actividades lúdicas en inglés para nenos e nenas de 4 a 12 anos (nados/as entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021). Profesores/as nativos.
Entrada: a partir das 8:15 h e ata as 8:55 h no pavillón de deportes do campus de Elviña. Das 8:55 h en adiante, na aula de plástica da Fac. de Ciencias da Educación.
Saída: entre as 14:30 e as 14:45 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h
Os prazos de inscrición:
O prazo de inicio que se indica é de preinscrición e, no caso de chegar a un número suficiente para levar a cabo o campamento, abrirase un prazo para formalizar o pago. No caso de que nalgunha quenda non se acade o mínimo de 12 preinscricións, esa quenda poderá cancelarse.
INICIO preinscrición 1ª e 2ª quincena:
- Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 2 de xuño, ás 09:00 h
- Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 9 de xuño, ás 09:00 h
FIN inscrición para a 1ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 20 de xuño, ás 14:00 h
FIN inscrición para a 2ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 2 de xullo , ás 14:00 h
PREZO COMEDOR (Cafetería Fac. Dereito):
1ª QUINCENA XULLO: 84,70 €
2ª QUINCENA XULLO: 84,70 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
NOTA: O desconto por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS/AS TRABALLADORES/AS (PTXAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.
Total inmersión en inglés para nenos/as de 4 a 12 anos a través de xogos, proxectos, actuacións, baile, experimentos, ioga, mindfulness, comics, murais, contacontos, manualidades, xogos de auga e diversión ao aire libre no Campus de Elviña.