PAZO DE LÓNGORA
(INSTITUTO UNIVERSITARIO DE MEDIO AMBIENTE. UDC)
Con Mindfulness aprendemos a asentar, anclar e descansar a mente. Neste curso introducirémonos nas bases fundamentáis teóricas e prácticas de Mindfulness, Compaixón e Insight. Acadaremos estados de relaxación e de meditación e trataremos de potenciar a habilidade de ser cada vez máis conscientes do funcionamento da nosa mente superficial. Este curso iniciaranos nunha viaxe vola mente que será de utilidade non só como exploradores, senón que será de proveito para recurrir na vida diaria ao que aprendamos. Tanto se tes interese en entrar en estados de meditación moi profundos, reducir o estrés e a ansiedade, relaxarte, ou aumentar e dirigir a atención e concentración aproveitando mellor as capacidades cerebrais innatas, neste curso coñecerás algunhas das ferramentas máis axeitadas.
Duración da actividade 22 horas lectivas
O curso estrutúrase en 4 módulos , segundo o seguinte contido e calendario:
Martes 1 de julio, 9:00-14:30- Módulo 1: MINDFULNESS - Introdución teórica: ¿Que é Mindfulness? ¿Por qué practicalo? Algúns beneficios de Mindfulness - Prácticas formais guiadas - Indagación guiada
Mércoles 2 de julio, 9:00-14:30 -Módulo 2: A MENTE - Introdución teórica: ¿Que é a mente? O funcionamento da mente e as raíces dos estados mentais - Prácticas formais guiadas - Indagación guiada
Xoves 3 de julio, 9:00-14:30 - Módulo 3: COMPAIXÓN - Introdución teórica: Mindfulness con COMPAIXÓN, o desexo e a intención consciente de aliviar o sofrimento propio e dos demáis. - Prácticas formais guiadas. - Indagación guiada
Venres 4 de julio, 9:00-14:30-Módulo 4: INSIGHT - Introdución teórica: ¿Que é insight? Exploración e descobrimento interno - Prácticas formais guiadas. - Indagación guiada
A metodoloxía didáctica do curso combina presentacións teóricas, lecturas interactivas e dinámicas de grupo con indagacións guiadas e prácticas formais e informais de Mindfulness, Compaixón e Insight.