Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña- A Coruña
O curso busca presentar e debater sobre os retos e oportunidades que se presentan no contexto da transición ecolóxica, abordando as súas relacións co feminismo, a enerxía e a economía. Para iso, cóntase cunha variedade de persoas expertas nestes campos, incluíndo profesorado universitario, profesionais do sector empresarial e membros de asociacións e colectivos.
Retos e oportunidades da transición ecolóxica para o feminismo, a enerxía e a economía
Datas: 7 e 8 de Xullo de 2025
Facultade de Economía e Empresa
Día 7 de xullo
9:30-10:00 – Inauguración do curso.
10:00-11:15 – Participación social na transición ecolóxica, Xavier Simón.
11:15-11:45 – Descanso.
11:45-13:15 –Antía Míguez, coordinadora de sostenibilidade de Genesal Energy.
16:00-18:30 – Obradoiro de cálculo da pegada ecolóxica, a cargo da Oficina de Sustentabilidade da UDC.
Día 8 de xullo
9:30 – 10:30 – Alexander Blanco, director de innovación e desenvolvemento de Genesal Energy.
10:30-11:30 – Julio Arca, CEO de Genesal Energy.
11:30-12:00 – Descanso.
12:00-13:15 – Progresar, cara onde? Prosperidade, para que? O desenvolvemento económico como xustificación do discurso dominante, Xoán Doldán.
13:15-14:30 – Ecofeminismo, resiliencia e colapso, Begoña de Bernardo.
16:00 – 17:15 – O uso dos recursos naturais e o seu impacto sociolóxico, José Cortés.
17:15-18:30 – Enerxía eólica e desmaterialización, Rosa María Regueiro.