Salón de actos Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física-UDC, Bastiagueiro
Cada curso académico trátase de complementar a formación do alumnado en xeral con conferencias que acheguen non só información senón experiencias, vivencias particulares, métodos e medios de traballo concretos, onde se profunda non só en problemáticas sociais, que á súa vez pode ser moi próximas, senón tamén en entender os diferentes enfoques da nosa realidade e como poder afrontalos. No presente curso ponse a atención nun aspecto fundamental para manter a saúde e o benestar xeral da muller, o traballo do chan pélvico, atendendo aos múltiples beneficios do seu fortalecemento como a prevención e tratamento da incontinencia urinaria, a mellora das relacións sexuais, o apoio durante o embarazo e o parto, a recuperación postparto ou a prevención de prolapsos; permitindo o desenvolvemento dunha actividade práctica complementaría aos contidos das materias de actividade física saudable e calidade de vida. Por outra banda, nesta edición do ciclo de conferencias, preséntase unha actividade nova para a maioría do noso alumnado, o roller derby; un deporte que xogou un papel importante na loita polo empoderamento da muller no ámbito deportivo, no que se pode ver unha forma de desafiar os estereotipos de xénero e promover a igualdade; de feito, a maioría dos equipos están formados e xestionados por mulleres, o que reforza aínda máis a súa identidade feminina. Aínda que o deporte en si ten as súas orixes nos anos 30 do século pasado, non foi ata o 2010 cando se creou a primeira liga deste deporte en España existindo na actualidade equipos en máis de vinte cidades españolas. Por último, vai dedicar unha conferencia a aspectos conceptuais por parte dunha persoa experta en comunicación e deporte inclusivo, que a través de casos prácticos e dun modo participativo proporcionaranos unha visión da ampla realidade existente, da nosa diversidade; aspectos indispensables atendendo tamén ás diferentes saídas profesionais dos egresados, como adestradores, xestores, educadores ou simplemente, como parte dunha sociedade que vive en democracia e que ha de atender a tales valores.
Data de celebración: martes, 11 e 18 de marzo de 2025 de 12:00 a 13:30 h. Lugar: Salón de Actos dá Facultade de Ciencias do Deporte e a EF - UDC
Título: "Chan pélvico e Actividade Física" Persoa relatora: Lucía Noya Casas Educadora Física na área de Deportes da UDC.
Temática: Traballo para o fortalecemento do chan pélvico
Data de celebración: martes, 1 de abril de 2025 de 12.00 a 13.30 h. Duración 60 minutos + quenda de preguntas .
Lugar de Celebración: Salón de Actos dá Facultade de Ciencias do Deporte e a EF. UDC Título: “Roller Derby, un deporte transformador” Persoa Relator: Silvia García Vázquez
Temática: Valores e inclusión a través dun deporte o “roller derby” Subapartados:
• Historia, orixes e roller derby na actualidade.
• De que trata o Roller Derby: xogo básico, dinámicas deportivas, categorías, etc.
• Valores e inclusión: deporte diferente e inclusivo con valores feministas, LGTBIAQ+ e xénero.
• Directiva formada por mulleres para mulleres, xente neurodivergente e racializada.
• Experiencia en Irmandiñas: como se afrontan a tempada, captación de socios, organización do club e outros eventos deportivos e non deportivos. Obxectivos e financiamento.
• Demostración sen patíns
Data de celebración: martes, 22 de abril de 2025, de 12.00 a 13.30 h. Duración 60 minutos + quenda de preguntas .
Lugar de Celebración: Salón de Actos dá Facultade de Ciencias do Deporte e a EF. UDC
Título: “Máis rápido, máis alto, máis forte? Un deporte para gañar todas.”
Persoa Relator: Bárbara González Vilariño.Xornalista e asesora de comunicación, experta en deporte inclusivo, cultura e asociacionismo. Cofundadora do colectivo Davella, que pon en valor ou impacto positivo do deporte, a cultura e ou asociacionismo. Responsábel de Comunicación dá Agrupación Deportiva Ibérica LGTBI+.