Forum Carballo.Praza dos Bombeiros, s/n. 15100 Carballo
XVIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística
Traballando en Lingua con Inmigrantes
A XVIII edición do curso de verán centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua nos colectivos de inmigrantes que moran na Galiza. Como todos os anos, esta edición tamén se alicerza no uso e na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. máis adecuados para tal propósito.
As sesións constan de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros para avaliarmos experiencias e propormos medidas e accións de intervención en actividades para implicaren distintas entidades e persoas. As intervencións teñen como nexo promoveren o uso da lingua nas redes sociais, para alén de sesións destinadas a repararen no suceso de produtos e empresas que só utilizan a lingua propia nos seus proxectos comunicativo-sociais.
Obxectivos
− Analizar e deseñar estratexias e accións para poren en valor e incrementaren o uso e a visibilización do galego entre os colectivos de migrantes.
− Detectar e estudar problemas e preconceptos existentes arredor do uso da lingua galega entre as persoas migrantes.
− Valorizar o galego e a cultura propia como recurso de interese para a integración social das persoas migrantes.
− Formular unha proposta de boas prácticas lingüísticas no ámbito da inmigración.
− Coñecer e valorizar experiencias positivas de uso do galego entre as persoas inmigrantes.
+Info: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
881 011 042, 881 011 055, 881 013 683 snl@udc.gal
Terza feira, 15 de xullo
09h00-09h30 Recepción e entrega de documentación
09h30-10h00 INAUGURACIÓN E BENVIDA
10h30-11h30 CONFERENCIA DE APERTURA + COLOQUIO
«Linguas minorizadas e escolarización. Unha perspectiva de conciencia lingüística crítica»
11h30-12h30 MESA REDONDA + COLOQUIO
«O acollemento lingüístico de persoas provenientes doutras comunidades lingüísticas desde a Administración local»
Modera: Ángeles Pacoret Rodríguez, concelleira de Normalización Lingüística. Concello de Carballo
12h30-13h30 MESA REDONDA + COLOQUIO
«Integración de migrates na secundaria»
Tina Formoso Gosende, profesora de ensino secundario e membro do EDLG do IES Xulián Magariños de Negreira
Sofía Tarela, profesora de ensino secundario e membro do EDLG do IES número 1 de Ribeira
13h30-14h30 CONFERENCIA + COLOQUIO
«Unha lingua que se fala está viva»
Irene Romero Iturralde, profesora no IES Santa Irene de Vigo.
Marcos Loureiro García, profesor na Universidade de Vigo (Facultade de Educación e Traballo Social)
Asociación Faladoiros Vigo, (https://linktr.ee/faladoirosvigo), espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral.
14h30 Pausa para xantar
16h30-17:30 CONFERENCIA + COLOQUIO
«Iniciativas de aproximación ao galego con inmigrantes»
17h30-19h00 DINÁMICA PARTICIPATIVA
─ Boas prácticas e necesidades para o acollemento lingüístico nos concellos
─ Boas prácticas e necesidades no acollemento lingüístico nos centros educativos
─ Boas prácticas e necesidades no acollemento lingüístico noutros contextos
Cuarta feira, 16 de xullo
10h00-11h00 CONFERENCIA + COLOQUIO
«Juliamny tamén fala galego»
Docentes de Química, Filosofía e Galego no IES Rafael Dieste e promotores da iniciativa cultural «Aquí tamén se fala».
11h00-12h30 CONFERENCIA + COLOQUIO
«Fai un trato co galego»
«A comunidade acolledora como transmisora da lingua propia»
Modera: Maica Ures García, concelleira delegada de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade. Concello de Carballo.
14h00 Pausa para xantar.
16h00-17h00 CONFERENCIA + COLOQUIO
Proxecto TeCoLing (tecendo comunidade coas linguas)
Investigadoras do Proxecto Programa de estímulo á transferencia: Tecendo comunidade coas linguas (TeCoLing).
17h00-18h00 GRUPOS DE TRABALLO
CONCLUSIONS
18h00-19h30
«Galeguaia»