Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación
As prácticas externas constitúen unha etapa clave no proceso formativo do alumnado universitario, permitindo a integración da teoría coa práctica profesional en contextos reais. Este tránsito require un acompañamento que favoreza a reflexión crítica e o desenvolvemento de competencias profesionais en escenarios complexos e dinámicos. Acompañamento que ofrecen as persoas que titorizan, tanto na entidade como na universidade de xeito individualizado, pero que é interesante reforzar en espazos formativos de carácter grupal, no que as e os estudantes poidan ter contacto con profesionais da educación social, que dende o seu saber práctico, poidan dinamizar a reflexividade sobre temas de interese da práctica profesional. Nesta liña, esta proposta formativa pretende reforzar o proceso de aprendizaxe do alumnado durante o prácticum a través dun conxunto de sesións que combinan un enfoque práctico e participativo. Estas xornadas buscan, ademais, crear espazos de intercambio e reflexión nos que as e os estudantes poidan compartir as súas vivencias e inquedanzas arredor das experiencias formativas nas entidades colaboradoras e ampliar as competencias adquiridas a través do coñecemento de prácticas profesionais diversas e referentes.
BLOQUE A: DIRIXIDO O GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
A proposta formativa consta de catro módulos, organizados en tres datas distintas, distribuídas nos primeiros meses do período de prácticas. A duración das xornadas é de entre 2 e 3 horas cada un, cun total de carga horaria de 8 horas.
10 de setembro de 2025 ( 10:00-13:00h)
O traballo en equipas profesionais. Roles, dinámicas e coidados.
Poñente: Ángela Fraga María (Educadora social. Cooperativa Feitoría Verde)
Descrición: Reflexión sobre as dinámicas de traballo en equipo dentro das entidades sociais, os diferentes roles profesionais e a importancia dos coidados mutuos para un desenvolvemento sostible da práctica profesional. Busca acompañar de forma reflexiva e ética a incorporación das/os estudantes na dinámica das equipas profesionais durante as súas prácticas.
23 de outubro de 2025 ( 12:00-14:40 y 16:00-20:00)
Establecemento do vínculo na relación de axuda con persoas danadas.
Poñente: Raquel Fernández Domínguez (Educadora social e pedagoga. Servizo de orientación e apoio familiar e/ou emocional en INTRA-TP)
Descrición: Análise do proceso de construción do vínculo profesional nas relacións de axuda, especialmente con persoas en situacións de vulnerabilidade. A sesión abordará estratexias para a creación dun espazo seguro e respectuoso que favoreza o acompañamento socioeducativo.
7 de outubro de 2025 ( 11:30-14:15)
Dilemas éticos na práctica profesional da educación social.
Poñente: Virxinia Alonso Paz (presidenta do Comité de ética do Consorcio das Mariñas)
Descrición: Exposición e análise de dilemas éticos habituais na intervención socioeducativa, coa finalidade de proporcionar ferramentas para a toma de decisións fundamentada en valores e principios da profesión.
BLOQUE B: DIRIXIDO O GRAO EN LOGOPEDIA
A proposta formativa consta de dous módulos, organizados en dúas datas distintas, distribuídas na metade do período de prácticas ( abril) . A duración das xornadas é de 4 horas cada un, cun total de carga horaria de 8 horas. Neste bloque preténdese complementar a formación en disfaxia con un referente da área a nivel nacional e internacional que abriu novas liñas de intervención en disfaxia de grande impacto na práctica logopédica.
Módulo 1:
3 de abril ( 16:00-20:00h)
“Práctica logopédica en la gestión de pacientes adultos con disfagia."(4 horas)
Poñente: Jaime Paniagua Monreal. Diplomado en Logopedia. Posgraduado en trastornos da deglución e a disfaxia. Especializado en intervención multidisciplinar en dano cerebral sobrevido. Profesor do Grado en Logopedia da UNIR. Logopeda en Proxecto Comer con placer da Asociación Parkinson Cuenca. Coordinador do libro “Disfagia. De la evidencia científica a la práctica clínica”(Ed.EOS, 2019).Creador do podcast sobre alimentación e disfaxia “Shokuiku”.Coordinador do grupo de traballo en disfagia de AEPAS. Miembro del grupo de trabajo en disfagia orofaríngea de SENPE.Miembro del grupo de referencia en disfaxia internacional IDDSI Spain
Descripción: Recordo de biomecánica do procesado oral e a deglución. Ampliar o foco.- Grupos de risco e factores de risco relevantes (anamnesis).- Aspectos relevantes do procesado oral. Aspectos relevantes da análise da deglución. Tareas clínicas útiles na análises da estructura. Proposta de tarefa contextual
10 de abril de 2025 ( 16:00-20:00h)
“Práctica logopédica en la gestión de pacientes adultos con disfagia. ”(4 horas).
Poñente: Jaime Paniagua Monreal
Descripción: Análisis de resultados de tarefa contextual. Análisis de casos. Procedementos de intervención para o manexo da vía oral en persoas con disfaxia.
BLOQUE C: DIRIXIDO O GRAO EN EDUCAICÓN INFANTIL
3 de outubro de 2025 (16:00-20:00h)
“O impacto da xestión dos espazos en educación infantil”. (4 horas)
Poñente: Andrea Pallas Bazarra-Mestra dunha aula multigrao no CRA A Tarandeira. Grao de Educación Infantil, Master en psicopedagoxía, na especialidade de Dificultades de Aprendizaxe e Atención á Diversidade. Formada no ámbito da educación emocional, dende 2017 é educadora de aula e de familias certificada en Disciplina Positiva, metodoloxías como o método Montessori, Reggio Emilia, matemáticas ABN, espazos e ambientes de aprendizaxe con formadores como Siro López, e sobre neuroeducación e atención á diversidade e outras temáticas relacionadas coa innovación.
Descripción: Reflexión sobre as dinámicas de traballo dentro das aulas de educación infantil, a distribución dos espazos e o uso dos mesmos como contextos de aprendizaxe autónomo. Busca xerar a reflexión sobre os contextos nos que o alumnado de prácticas se está a incluír nas súas prácticas nos centros escolares, favorecendo unha visión de análise dos mesmos.
10 de outubro de 2025 ( 16:30-20:30h)
“As novas crianzas e outros modelos educativos alternativos . (4 horas)
Poñente: Laura Castro Directora de Semente Coruña.
Descripción: Reflexión sobre as novas crianzas e os dereitos dos menores e das súas familias a unha educación integrada no medio que permita a comunicación interxeracional e sexa a vez motor da transformación social. O obxetivo é analizar outros modelos educativos presentes na contorna que poidan constituir alternativas e/ou complementos os modelos máis tradicionais.
BLOQUE D: DIRIXIDO A EDUCACIÓN PRIMARIA
9 de outubro (16:30-20:30)
“Inclusión educativa en contextos de privación socioeconómica”.
Poñente :Sonia Vila Rodríguez. Logopeda pola Universidade da Coruña en 2012 e Graduada en Educación Primaria en Salamanca no 2016. Traballa como mestra especialista en Audición e Linguaxe no CEIP de Viñas, en Poio (Pontevedra). Tamén traballou como preparadora de oposicións en Audición e Linguaxe. O perfil laboral preferente, continuado na súa traxectoria profesional, está claramente vencellado ao traballo con menores, cun especial vencello cos casos de especial vulnerabilidade.
29 de outubro de 2025 (16:30-20:30)
“Unha experiencia de boas prácticas articulada dende o Proxecto Pedagóxico”
Poñente: Representante/s do claustro de Educación Primaria do CEIP Heroínas de Sálvora, situado en Aguiño, Ribeira.
Cabe destacar o proxecto pedagóxico do centro, onde non se empregan libros de texto dende o curso 2016-17, así como a innovación e a coherencia pedagóxica, onde destacan os agrupamentos mixtos do alumnado, os ambientes de aprendizaxes ou a diversidade de iniciativas propostas e de colaboración con outras entidades, sempre coa infancia no centro do proxecto educativo.