Salón de Graos Facultade de Turismo - A Zapateira
Cafetería Facultade de Turismo
A Ulloa
O ciclo de conferencias CAFÉS VIAXEIROS, está enfocado a dar visibilidade e divulgar cuestións de interese e actualidade relativas ao sector turístico así como presentar iniciativas innovadoras nun contexto en constante transformación. Nestas sesións persoas do ámbito académico comparten escenario con profesionais así como outros axentes sociais. As persoas conferenciantes ofrecerán unha visión introdutoria que se completará coa conversa cos asistentes e se pechará coas reflexións finais de persoal académico e o alumnado. Na definición das temáticas, e coa finalidade tamén de integrar unha perspectiva sostible, se tratou de abordar temas relacionados cos ODS e, concretamente: ODS 12 Novos mercados, ODS 8 Marcas internacionais, ODS 9 Pequenas empresas grandes negocios, ODS 5 Mulleres nun mundo global, ODS 13 Mercados Glocais, ODS 4 Internacionalización do coñecemento.
DÍA 1, mércores 29 de abril, 16:00 horas.
"Administración local e turismo urbano: retos e oportunidades"
Gonzalo Castro. Concelleiro de Cultura e Turismo, Concello de A Coruña.
DÍA 2, martes 6 de maio, 10:00 horas.
"Do mar á marca: o patrimonio marítimo como relato e recurso"
Pedro Arufe. Presidente da Asociación Balandro
Carmen Fabregat. Plan da Cultura Marítima de Galicia e proxecto INTERREG SEALAB
DÍA 3, mércores 7 de maio, 10:30 horas
"O turismo en números: porque sen datos só temos intuicións"
Rogelio López Romero. Área de Estudios e Investigación (AEITG)
Begoña Muiño Sar. Doutoranda en Observatorios Turísticos
DÍA 4, xoves 8 de maio, 10:30 horas
"Costa da Morte en transformación: entre o mito e a sustentabilidade"
Raúl González. Alcalde de Dumbría
María Lema. Vicepresidenta da CMAT
DÍA 5, venres 9 de maio, 09:00 horas "Do interiorismo á producción de eventos, dous mundos moi conectados"
Lorena Feijo Sienes. Diseñadora de interiores en HUIS CLOS interiorismo
Florencia Cueto Pedrotti. Directora Go to Market Strategy en Shiji ReviewPro
Sergio Muiño. Doutor Internacional en Turismo e escritor dun diario de viaxes.
DÍA 6, venres 26 de septiembe, 11:00 horas "Día mundial do Turismo 2025: Turismo e transformación sostible"
Fátima Cachafeiro Blanco. CEO de Avivave, consultoría de turismo.
Zenaide Rodríguez. Intérprete do Patrimonio & guía en MEGA
DÍA 7 : venres 3 de outubro, 09:00-17:00 horas "Territorios (trans) feridos "
09:00-10:00: Benvida e saída da Coruña
11:15- 19:00: Roterio interpretativo pola Ulloa
16:00-19:00: Palestras e mesa redonda na Casa Escola de Peibás:
Cutura sostible e territorio
Turismo, patrimonio e identidade
Os retos do Turismo nos tempos do extractivismo