Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a EF. Bastiagueiro
Neste ciclo de conferencias ponse a atención en dous ámbitos, por unha banda no rendemento, presentando dúas situacións próximas de éxito; unha, nos recentes JJOO de París 2024, no ámbito do deporte de alto nivel, mediante a que se pretende abordar aspectos estratéxicos da planificación deportiva; e, outra, nos Xogos Paralímpicos de París 2024, onde se mostrará a utilidade do emprego de recursos tecnolóxicos de baixo custo que permiten axustar o adestramento aos requirimentos específicos do deportista optimizando o seu rendemento. A experiencia dos relatores no máis alto nivel deportivo, desenvolta na contorna da Facultade e con vinculación ao centro desde hai décadas, mostra tamén o nivel que se pode lograr e aspirar con medios modestos e onde o coñecemento e o bo facer ten lugar moi próximo onde o noso alumnado cursa os seus estudos. Estas conferencias están relacionadas coa materias de grao Metodoloxía do rendemento deportivo e coa de Tecnoloxía na actividade física e o deporte.
Por outra banda, tamén se expón unha conferencia, a impartida por Juan Antonio González Iglesias, catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Salamanca, autor entre outras obras de “A corpo gentil: beleza e deporte na poesía”, pensando que achegará á nosa comunidade académica unha visión do deporte diferente ao contemplado no currículo do grao; esa perspectiva que no seu momento proporcionábanos o noso compañeiro e profesor da UDC José Luis Salvador Alonso, a través dos seus escritos e das actividades dialécticas que organizaba periodicamente e que na súa memoria estableceuse este Ciclo de Conferencias que leva o seu nome.
Data de celebración: mércores, 7 de maio de 2025 Duración 60 minutos + quenda de preguntas (16.00 a 17.30 h.)
Título: “Estratexia anual da planificación do parámetro forza de Yulenmis Aguilar para os JJOO Paris – 2024” Relator: Raimundo Fernández Vázquez. Lic. en Educación Física e Deportes (INEF-Madrid). Adestrador Nacional Atletismo
Data de celebración: mércores, 14 de maio de 2025 Duración 60 minutos + quenda de preguntas (16.00 a 17.30 h.)
Título: “Uso das plataformas dixitais na planificación e control do adestramento en ciclismo -caso da preparación para os JJ Paralímpicos de Paris 2024" Relator: Dr. José Manuel Cardesín Villaverde. Foi profesor na Fac. de CC. do Deporte e a Educación Física (UDC), e adestrador de Damián Ramos (medalla de bronce na contrarreloxo da clase C4 nos Xogos Paralímpicos de París 2024)
Data de celebración: mércores, 8 de outubro de 2025 Duración 60 minutos + quenda de preguntas (12.00 a 13.30 h.) Título: "A relación entre o corpo humano, o deporte e a estética poética" Relator: Catedrático Juan Antonio González Iglesias. Dr. en filoloxía clásica pola Universidade de Salamanca.Autor de varios poemarios. Premio Nacional da Crítica e o Premio Internacional de Poesía Fundación Loewe.