Escola Politécnica de Enxeñaría - Esteiro-Ferrol
Primeira conferencia
Conferenciante: Juan Manuel Escaño – Universidade de Sevilla
Título da conferencia: Ciberseguridad en infraestructuras críticas
Data aproximada: 13 de outubro de 2025.
Horario: 11:30 a 13:30.
Breve descrición da conferencia: nesta conferencia abórdanse desafíos e estratexias clave para protexer os sistemas esenciais como a auga, a enerxía e o transporte dos ciberataques. Discutiranse as ameazas emerxentes e os enfoques baseados na IA para a detección e mitigación de riscos. Ademais, falarase da importancia da ciberresiliencia e da cooperación entre sectores para garantir a seguridade e a continuidade dos servizos
Segunda conferencia
Conferenciante: Sara Rodríguez González – Universidade de Salamanca
Título da conferencia: Inteligencia Artificial para acelerar la revolución.
Data aproximada: 20 de outubro de 2025.
Horario: 11:30 a 13:30
Breve descrición da conferencia: nesta conferencia analízase o papel transformador da IA na innovación e no desenvolvemento en todos os sectores, desde a industria e a saúde ata a sustentabilidade e a educación. Presentaranse casos de éxito nos que a intelixencia artificial impulsou avances disruptivos, así como os retos éticos e técnicos aos que se enfronta a súa implantación.
Terceira conferencia
Conferenciante: Adriano Mones - Universidad de Oviedo / Phoenix Contact
Título da conferencia: El vehículo eléctrico como motor del futuro.
Data aproximada: 27 de outubro de 2025.
Breve descrición da conferencia: nesta conferencia analízase o impacto da mobilidade eléctrica na transición cara a un modelo de transporte máis sostible. Abordaranse os avances tecnolóxicos en baterías, infraestruturas de carga e autonomía, así como os retos normativos e económicos aos que se enfronta a súa adopción masiva. Ademais, falarase dos beneficios e oportunidades ambientais que ofrece o vehículo eléctrico para a industria e a sociedade, situándoos como un piar fundamental na mobilidade do futuro