XORNADAS 8M. Emprendedoras e mulleres do mar: finanzas, traballo e comercio marítimo en perspectiva histórica
10/03/2025, en horario de 16:00 – 17:30 h
• Presentación de exposición e mostra bibliográfica “Tecendo redes: traballadoras da industria pesqueira e marítima en Galicia” con guía explicativa para as persoas asistentes comentada pola directora e/ou persoal da Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa (FEE). A exposición estará dispoñible durante todo o mes de marzo.
Duración e espazos: 1,5 horas. Entrada e sala de traballo da Biblioteca da FEE
• Obradoiro “Sereas e salitre: oficios da muller do mar” e faladoiro sobre o libro “La isla de las mujeres del mar” de Lisa See. Duración e espazos: 2 horas, Sala de traballo da Biblioteca da FEE Sorteo de agasallos por participar e na conta @oix.fee.udc en Instagram
11/03/2025, en horario de 09:30 - 14:00 h
• 9:30– 10:00 h Rexistro e benvida ás persoas asistentes
• 10:00 – 10:15 h Apertura das xornadas coa Vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC (Dna. M.ª Cristina López Villar), decana (Dna. Carmen Lema Fernández) e representante de igualdade (OIX) (Dna. Ángeles Longarela Ares) da Facultade de Economía e Empresa.
• 10:15 h – 14:00 h Charlas-coloquio :
-. Dra. Ana Romero Masiá (Catedrática de Historia e profesora emérita, correspondente Real Academia Galega): Os oficios das mulleres do mar en Galicia.
-. Dr. José Mª Leal Bóveda (Universidade Nacional de Educación a Distancia): Empresarias marítimas do Cantábrico e Atlántico galegos e outras mulleres (XVIII-XIX).
• 11:30-12:00: Pausa-café
• 12:00 h – 13:30 h Charlas-coloquio :
-. Dra. María Barreiro Gen (UDC): O papel das mulleres nos portos europeos.
-. Dra. Elizabeth García Gil (Universidade de Xaén): Ventos de cambio: finanzas, traballo e comercio marítimo das mulleres andaluzas (SS. XVIII-XIX).
• 13:30-14:00: Debate e peche da sesión da mañá.
Duración e espazos: 4,5 horas, Salón de Graos da FEE
11/03/2025, en horario de 16:30 – 18:30 h
• Mesa redonda “Mulleres salgadas: sector pesqueiro actual dende un enfoque feminista”
-. Dna. Sandra Amézaga (secretaria de Mulleres Salgadas – Asociación Galega de Mulleres do Mar).
-. Dna. María Vales Martínez (mariscadora a pe, ex patroa maior da Confraría de Vilanova).
-. Dna. Dolores Gómez Ordoñez (bateeira, empresaria e presidenta de Aspromeri (Asociación de Productores de mexillón de Rianxo))
Duración e espazos: 2 horas, Salón de Graos da FEE
12/03/2025, en horario de 11:30 – 13:30 h
• Obradoiro “Sereas e salitre: oficios da muller do mar” e faladoiro sobre o libro “La isla de las mujeres del mar” de Lisa See.
Duración e espazos: 2 horas, Sala de traballo da Biblioteca da FEE
Sorteo de agasallos por participar e na conta @oix.fee.udc en Instagram