Facultade de Turismo - Campus de A Zapateira
Sensibilizar á comunidade universitaria da realidade deste tipo de público e recoñecer as súas especificacións e necesidades.
Ofrecer unha ferramenta formativa que potencie a equiparación de oportunidades en materia turística e que xeren un incremento da participación das persoas con diversidade funcional en todo tipo de actividades de ocio turístico.
XORNADAS SOBRE TURISMO ACCESIBLE
DATAS: 13,14 e 15 de outubro 2025 HORARIO: das 16:00 ás 19:30 h HORAS LECTIVAS: 10 SEDE: Facultade de Turismo (instalacións da Facultade de Filoloxía) PERSOAS DESTINATARIAS: comunidade universitaria PROFESORA: Andrea Rey Roca e Reva Portillo (Conferencia) COSTE: GRATUÍTO
PROGRAMA:
Parte Teórica
1. Que é o Turismo Inclusivo e Turismo Accesible?
2. Conceptos que debemos manexar
3. Normativa existente
4. Tipoloxías de diversidade funcional
5. Quen se ve beneficiado polo Turismo Accesible?
6. Como se comportan os clientes con estas necesidades?
7. Que ter en conta no noso contorno turístico?
8. Como atender clientes con necesidades especiais?
9. Coñeces a Interpretación do Patrimonio? Podemos axudar a mellorar a experiencia dos turistas coas técnicas da Interpretación do Patrimonio?
10. Exemplos de turismo inclusivo a ter en conta
11. Son accesibles os produtos turísticos da Coruña?
12. Fontes de información para coñecer máis deste tema
Conferencia de Reva Portillo:
“O hotel dentro da cadea de accesibilidade”
Parte práctica a cargo de Andrea Rey:
1. Visita guiada polas instalacións da Facultade de Filoloxía e a súa contorna.
2. Visita guiada nun hotel da cidade.