Lugar de realización: Facultade de Fisioterapia, Campus de Oza-As Xubias
A dor crónica representa un dos principais desafíos para a saúde pública en España, afectando significativamente á calidade de vida de quen o padece e xerando unha considerable carga económica no sistema público sanitario.
Desde a Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña proponse realizar unhas Xornadas centradas na dor crónica, co obxectivo de abordar os seus mecanismos neurofisiológicos, o papel do fisioterapeuta no seu manexo, e estratexias terapéuticas específicas para abordar diversas condicións nas que poida estar presente.
A Fisioterapia xoga un papel fundamental no manexo da dor crónica, ofrecendo estratexias eficaces para reducir o seu impacto e mellorar a calidade de vida dos pacientes. Intervencións como o exercicio terapéutico personalizado e/o a educación en neurociencia da dor demostraron ser efectivos para mellorar esta condición e reducir a discapacidade que xera. Ademais, a promoción de hábitos de vida saudables e a incorporación de rutinas de exercicio regular non só contribúen á prevención da dor crónica, senón que tamén poden diminuír o consumo de fármacos, cuxo beneficio no alivio desta entidade é, en moitos casos, limitado.
Por todo isto, os obxectivos destas Xornadas son, por unha banda, profundar no coñecemento dos mecanismos neurofisiológicos da dor crónica, comprendendo as bases fisiopatológicas para mellorar así a súa abordaxe terapéutica. Doutra banda, destacar o papel do fisioterapeuta, analizando intervencións eficaces e a súa integración en equipos multidisciplinares. Tamén promover a conciencia corporal e o movemento, fomentando así estratexias que alivien a dor e melloren a funcionalidade dos pacientes e, por suposto, abordar casos máis específicos de dor crónica en pacientes oncolóxicos, con fibromialxia, artrose e dor pélvico crónico. Os/as relatoras convidados son persoas de recoñecido prestixio no ámbito da dor crónica, na aplicación de novas tecnoloxías e no desenvolvemento das mesmas. Son profesores/as de universidade, investigadores/as e responsables clínicos neste ámbito científico e profesional, o que garante a alta calidade das conferencias programadas.
17 de outubro de 2025
9:00-9:30 horas: Apertura V Xornadas Fisioterapia y Salud.
Sr. D. Ricardo Cao Abad. Rector de la Universidade da Coruña (o persona del equipo rectoral en quien delegue).
Sr./Sra. D./Dña. Decana/o Facultad de Fisioterapia de A Coruña.
Sr./Sra. D./Dña. Director/a del Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas de la UDC.
9:30-10:15 horas
Conferencia: “Dor crónica e Fisioterapia: Presente e Futuro”.
Ponente: Dr. Eduardo Zamorano Zárate.
10:15-11:00 horas
Conferencia: “Corpos que contan historias. Neurociencia, movemiento e arte: noevas fronteiras na abordaxe da dor persistente”.
Ponente: Dña. Mónica Mata Mayrand.
11:00-11:30 horas Descanso.
11:30-12:15 horas
Conferencia: "Abordaxe fisioterápico na dor pélvico crónica".
Ponente: Dra. Zeltia Naia Entonado.
12:15-13:00 horas
Conferencia: "Manexo da dor crónica na artrose".
Ponente: Dr. Francisco Javier Blanco García.
13:00-13:45 horas
Mesa redonda.
Moderador: D. Sergio Patiño Núñez.
13:45-15:15 horas Comida
15:15-16:00 horas
Conferencia: "A importancia da Fisioterapia nos sobreviventes de cancro: abordaxe da dor crónica e calidade de vida".
Ponente: Dra. Cristina Carvalho Mesquita.
16:00-16:45 horas
Conferencia: "Afrontando a dor crónica e a discapacidade en pediatría: modelos de intervención en Fisioterapia".
Ponente: Dr. Guillermo Ceniza Bordallo.
16:45-17:00 horas Descanso.
17:00-17:45 horas:
Conferencia: "Mái aló da dor: a tDCS como adyuvante na abordaxe fisioterapéutico da fibromialxia".
Ponente: Dra. Sabela Rivas Neira.
17:45-18:30 horas:
Moderadora: Dra. Beatriz Rodríguez Romero.
18:30-19:00 horas: Clausura das V Xornadas de Fisioterapia e Saúde.